A regulación da libre circulación dos traballadores do mar
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/23252
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 España
Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
A regulación da libre circulación dos traballadores do marTítulo(s) alternativo(s)
Regulation of Free Movement of Sea WorkersAutor(es)
Data
2017Cita bibliográfica
De la Campa Portela, Rosa M. (2017). A regulación da libre circulación dos traballadores do mar. Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña, 8, 55-82
Resumo
[Resumo] O comercio marítimo é unha actividade indispensable e global nos nosos días. Esta globalización do transporte marítimo acentuouse máis se cabe coa aparición dos rexistros abertos e o crecente abandeiramento fóra dos armadores, co fin de aproveitar, entre outras vantaxes, a posibilidade de abaratar os custos de explotación reducindo os custos da tripulación.
Así mesmo, a circulación de traballadores do mar no ámbito internacional é unha realidade: hoxe en día máis de tres cuartas partes dos buques son manexados por tripulacións multiculturais. É por iso que resulta imprescindible o desenvolvemento e a posta en marcha de normas e regulacións internacionais que procuren uns estándares mínimos en cuestións tan básicas como as condicións laborais, a formación e educación dos mariños e a súa cualificación, por razóns evidentes de seguridade e eficiencia.
Con todo, a posta en funcionamento destas normas e regulacións, amais do control do seu cumprimento, dependen da vontade dos estados que as ratifican, o cal supón, dunha banda, diferenzas notables nos niveis de esixencia, e, doutra banda, claras desigualdades nos niveis de calidade da formación dos mariños, dependendo da súa nacionalidade.
Neste artigo preténdese analizar en profundidade a lexislación internacional, europea e nacional que rexe a libre circulación dos traballadores do mar, co fin de mostrar a complexidade normativa deste particular ámbito de traballo. A nosa conclusión é que, a pesar dos esforzos da comunidade internacional por implantar unha normativa que facilite tal libre circulación, aínda non se conseguiron alcanzar uns niveis de calidade na formación e cualificación dos mariños realmente estandarizados [Abstract] Maritime trade is an indispensable and global activity nowadays. This globalization of the maritime transport has deepened even more with the emergence of open registers and increasing flagging out of ship owners in order to take advantage of the possibility of bringing down operating costs through the reduction of crew costs, amongst other things.
Likewise, the worldwide free movement of sea workers is a reality: multicultural crews operate more than three quarters of vessels crews nowadays. For that reason, the development and implementation of international rules and regulations that provide minimum standards on basic topics such as working conditions, seafarer’s education and training and their qualification, is indispensable for evident reasons of maritime safety and efficiency.
Nevertheless, the implementation of these rules and regulations as well as the control of their fulfilment depends on the willingness of ratifying countries. This leads, firstly, to notable differences in the levels of demand, and secondly, to clear inequalities in the seafarers education and training quality levels depending on their nationality.
In the present article an in-depth analysis of the international, European and national legislation applied to the free movement of sea workers is carried out. In addition, we show the complexity of the regulation of this particular work setting. All this will lead us to conclude that, in spite of the efforts of the international community for implementing a regulation that facilitates the above-mentioned free movement of sea workers, standardized levels of quality in seafarers training and qualification have not yet been met.
Palabras chave
Formación
Certificación
Estandarización
Control da calidade
Education and training
Certification
Standards
Quality control
Certificación
Estandarización
Control da calidade
Education and training
Certification
Standards
Quality control
Dereitos
Atribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 España
ISSN
2173-9811