A migración laboral actual: expatriación empresarial ou fuga de cerebros?
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/22083
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 España
Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
A migración laboral actual: expatriación empresarial ou fuga de cerebros?Título(s) alternativo(s)
Current labour migration: business expatriation or brain drain?Data
2016Cita bibliográfica
Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña, 2016, 7: 177-201 ISSN: 2173-9811
Resumo
[Resumo] Este traballo analiza o proceso de internacionalización empresarial e os seus efectos sobre a organización e xestión dos recursos humanos, en particular no tocante á migración de tipo laboral, cuxo obxectivo básico é a busca de emprego. Así, desde unha perspectiva individual, analízanse tamén as tendencias da emigración dos mozos españois durante a etapa de crise actual, especialmente entre o grupo con maior nivel de formación, o que se dá en coñecer como «fuga de cerebros». Trátase dun fenómeno recente que, aínda que acadou gran notoriedade social, non foi suficientemente explorado para o caso español. De por parte, preséntanse como caso de estudo nove proxectos migratorios de mozos emigrantes galegos no exterior, que inclúen tanto as súas estratexias de integración sociolaboral como percepcións, opinións e apreciacións persoais sobre a súa situación actual.
A metodoloxía de traballo segue unha liña estruturada que inclúe técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa que se basean, por un lado, na explotación de fontes secundarias oficiais;
e, polo outro, na realización de enquisas en profundidade semiestruturadas. Os resultados revelan a incuestionable tendencia á alza da emigración xuvenil española durante a actual etapa de crise para todos os destinos considerados. Porén, o efecto de «retorno ás raíces» parece ser aínda máis poderoso, sobre todo se mellora a situación do mercado laboral español. Con todo, dado que é un fenómeno recente, que non mostra desgaste nin moderación, haberá que agardar para coñecer a súa tendencia no futuro. [Abstract] This paper analyses the process of corporate globalization and its effects on the organization and
management of human resources. This phenomenon has very clear effects on labour migration
rate, internationally, whose main objective is the search for employment. Thus, from an individual
perspective, trends in migration of Spanish youth during the current stage of crisis are also
analysed, especially in the group with the highest level of training, which has become known
as “brain drain”. This is a recent phenomenon, although with great presence in society, has
not been explored enough for the Spanish case. In addition, it is presented a case study of nine
migrant youth projects of Galician emigrants abroad that include both social and labour integration
strategies and their perceptions, opinions and assessments about their current situation.
The work methodology follows a structured line that includes two research techniques (quantitative
and qualitative) based on the use of official secondary sources first and, secondly, on
semi-structured in-depth surveys. The results reveal the undeniable upward trend in the Spanish
university youth migration during the current stage of crisis to all foreign destinations covered, due to the lack of jobs and the need of finding new and better opportunities. However, the “return to roots effect” seems to have an even more powerful effect, especially if the situation of the Spanish labour market improves. Since this is a recent phenomenon, we should wait to see future trends
Palabras chave
Emigración exterior
Internacionalización empresarial
Fuga de cerebros
Mocidade
Interculturalidade
External migration
Business internationalization
Labour migration
Brain drain
Youth
Multiculturalism
Internacionalización empresarial
Fuga de cerebros
Mocidade
Interculturalidade
External migration
Business internationalization
Labour migration
Brain drain
Youth
Multiculturalism
Dereitos
Atribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 España
ISSN
2173-9811