Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorPintos Pena, Santiago
dc.contributor.authorBusto Domínguez, Myryan
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Escola Universitaria de Arquitectura Técnicaes_ES
dc.date.accessioned2015-03-11T17:48:44Z
dc.date.available2015-03-11T17:48:44Z
dc.date.issued2014
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/14226
dc.description.abstract[Resumo] As distintas variacións no clima e no medio ambiente que están tendo lugar nos últimos anos, están provocando que nos decatemos da influencia real que o noso estilo de vida está a ter no planeta que habitamos. Ante as catástrofes naturais que se están presentando nalgúns territorios, as prolongadas secas que outros están a soportar, e sobre todo a falta de recursos, na súa meirande parte enerxéticos, están producindo que os gobernos dos diferentes territorios estean a promulgar novas lexislacións e normativas en materia ambiental, co fin de reducir o impacto das nosas actividades no medio que nos rodea. Aquí é onde entra en xogo a construción, xa que é un dos sectores que presenta maior consumo de materias primas, fontes enerxéticas e é un dos grandes produtores de emisións, contaminación e residuos. No noso país, a normativa vixente en materia ambiental, está centrada na redución do consumo dos edificios mediante a mellora da súa eficiencia enerxética, obtendo así, construcións máis sostibles. Este enfoque deixa de lado outros puntos de actuación nos que os distintos axentes que interveñen no proceso construtivo poden afondar, co fin de mellorar a eficiencia dos edificios e o seu consumo de medios e recursos. Este proxecto aporta unha metodoloxía de cálculo centrada na análise da enerxía incorporada e do carbono incorporado, tanto nos materiais coma nos edificios no seu conxunto, aumentando deste xeito, o espectro de actuación no que os técnicos podemos actuar para reducir a pegada da construción no ambiente. Analizar este tipo de impactos, ofrece a posibilidade de que xa dende a fase de proxecto se poidan configurar construcións máis sostibles, mediante o emprego de materiais que requiran de menos enerxía para a súa produción, materiais locais cos que se reduzan as distancias a recorrer…, e que polo tanto presenten unha menor carga ambiental, favorecendo así o global do edificio. A metodoloxía engloba tódolos aspectos que se presentan ao longo do ciclo de vida dun edificio, polo que tamén están reflectidos os impactos debidos ao transporte, construción, mantemento e demolición. Por último, desenvólvese unha ferramenta informática de aplicación, que permite o seu coñecemento e divulgación, para fomentar a análise dun maior rango de impactos que atinxen ao sector da construción.es_ES
dc.description.abstract[Abstract] Because of the changes on climate and environment on recent years, we can realize of the real influence that our lifestyle is causing on our planet. Natural disasters, droughts, lack of resources, most of them energetic, are causing that governments of many territories decree different laws and regulations on environmental area, to try to reduce the environmental impact that our activities and lifestyle are causing on it. Construction sector plays an important role. It represents a huge consumption of raw material and energy source, and, at the same time, it is one of the biggest producers of discharge, pollution and wastes. In our country, the applicable legislation on the environment is focused on reducing consumption of buildings by improving their energy efficiency, obtaining more sustainable buildings. This approach leaves aside other points of action in which different agents involved in the construction process can go further, in order to improve the efficiency of buildings and their consumption of resources. This project provides a calculation methodology centred on the analysis of embodied energy and carbon, both in materials and buildings as a whole, thus increasing the spectrum of action in which technicians can act to reduce the carbon footprint of the building on the environment. To analyze these impacts, it offers the possibility that, already from the project stage, the construction can be more sustainable by using materials that require less energy for production, with local materials to reduce the distances..., and therefore to present a lower environmental burden, thus promoting the overall building. This methodology includes all aspects that are present throughout the life cycle of a building. It is also reflected the impact due to the transport, construction, maintenance and demolition. Finally, a computer application is developed, which allow its knowledge and divulgation to promote the analysis of a greater range of impacts that affect the construction sector.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.subjectEnergía incorporadaes_ES
dc.subjectCarbono incorporadoes_ES
dc.subjectSosteniblees_ES
dc.subjectEficiencia energéticaes_ES
dc.subjectEmbodied Energyes_ES
dc.subjectEmbodied Carbones_ES
dc.subjectSustainablees_ES
dc.subjectEnergy efficiencyes_ES
dc.titleProposta metodolóxica para a análise medioambiental das vivendas segundo os parámetros da denominada "Embodied Energy"es_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/masterThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de mestrado (UDC.EUAT). Tecnoloxías de edificación sostible. Curso 2013/2014.


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem