Proposta metodolóxica para a análise medioambiental das vivendas segundo os parámetros da denominada "Embodied Energy"
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/14226Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Proposta metodolóxica para a análise medioambiental das vivendas segundo os parámetros da denominada "Embodied Energy"Autor(es)
Director(es)
Pintos Pena, SantiagoData
2014Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Escola Universitaria de Arquitectura TécnicaDescrición
Traballo fin de mestrado (UDC.EUAT). Tecnoloxías de edificación sostible. Curso 2013/2014.Resumo
[Resumo] As distintas variacións no clima e no medio ambiente que están tendo lugar nos
últimos anos, están provocando que nos decatemos da influencia real que o noso
estilo de vida está a ter no planeta que habitamos.
Ante as catástrofes naturais que se están presentando nalgúns territorios, as
prolongadas secas que outros están a soportar, e sobre todo a falta de recursos, na súa
meirande parte enerxéticos, están producindo que os gobernos dos diferentes
territorios estean a promulgar novas lexislacións e normativas en materia ambiental,
co fin de reducir o impacto das nosas actividades no medio que nos rodea.
Aquí é onde entra en xogo a construción, xa que é un dos sectores que
presenta maior consumo de materias primas, fontes enerxéticas e é un dos grandes
produtores de emisións, contaminación e residuos. No noso país, a normativa vixente
en materia ambiental, está centrada na redución do consumo dos edificios mediante a
mellora da súa eficiencia enerxética, obtendo así, construcións máis sostibles. Este
enfoque deixa de lado outros puntos de actuación nos que os distintos axentes que
interveñen no proceso construtivo poden afondar, co fin de mellorar a eficiencia dos
edificios e o seu consumo de medios e recursos.
Este proxecto aporta unha metodoloxía de cálculo centrada na análise da
enerxía incorporada e do carbono incorporado, tanto nos materiais coma nos edificios
no seu conxunto, aumentando deste xeito, o espectro de actuación no que os técnicos
podemos actuar para reducir a pegada da construción no ambiente.
Analizar este tipo de impactos, ofrece a posibilidade de que xa dende a fase de
proxecto se poidan configurar construcións máis sostibles, mediante o emprego de
materiais que requiran de menos enerxía para a súa produción, materiais locais cos
que se reduzan as distancias a recorrer…, e que polo tanto presenten unha menor
carga ambiental, favorecendo así o global do edificio.
A metodoloxía engloba tódolos aspectos que se presentan ao longo do ciclo de
vida dun edificio, polo que tamén están reflectidos os impactos debidos ao transporte,
construción, mantemento e demolición. Por último, desenvólvese unha ferramenta
informática de aplicación, que permite o seu coñecemento e divulgación, para
fomentar a análise dun maior rango de impactos que atinxen ao sector da construción. [Abstract] Because of the changes on climate and environment on recent years, we can
realize of the real influence that our lifestyle is causing on our planet.
Natural disasters, droughts, lack of resources, most of them energetic, are
causing that governments of many territories decree different laws and regulations on
environmental area, to try to reduce the environmental impact that our activities and
lifestyle are causing on it.
Construction sector plays an important role. It represents a huge consumption
of raw material and energy source, and, at the same time, it is one of the biggest
producers of discharge, pollution and wastes. In our country, the applicable legislation
on the environment is focused on reducing consumption of buildings by improving
their energy efficiency, obtaining more sustainable buildings. This approach leaves
aside other points of action in which different agents involved in the construction
process can go further, in order to improve the efficiency of buildings and their
consumption of resources.
This project provides a calculation methodology centred on the analysis of
embodied energy and carbon, both in materials and buildings as a whole, thus
increasing the spectrum of action in which technicians can act to reduce the carbon
footprint of the building on the environment.
To analyze these impacts, it offers the possibility that, already from the project
stage, the construction can be more sustainable by using materials that require less
energy for production, with local materials to reduce the distances..., and therefore to
present a lower environmental burden, thus promoting the overall building.
This methodology includes all aspects that are present throughout the life cycle
of a building. It is also reflected the impact due to the transport, construction,
maintenance and demolition. Finally, a computer application is developed, which allow
its knowledge and divulgation to promote the analysis of a greater range of impacts
that affect the construction sector.
Palabras chave
Energía incorporada
Carbono incorporado
Sostenible
Eficiencia energética
Embodied Energy
Embodied Carbon
Sustainable
Energy efficiency
Carbono incorporado
Sostenible
Eficiencia energética
Embodied Energy
Embodied Carbon
Sustainable
Energy efficiency
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido