Educación para a carreira e intervención por programas: unha reflexión teórico-crítica
Ver/Abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/6711Colecciones
Metadatos
Mostrar el registro completo del ítemTítulo
Educación para a carreira e intervención por programas: unha reflexión teórico-críticaFecha
2000Cita bibliográfica
Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación, 2000, 7: 49-54 ISSN: 1138-1663
Resumen
[Resumo] Os programas de educación para a carreira, sobre todo aqueles que están baseados no concepto evolutivo da madurez e a conducta vocacional, teñen como obxectivo básico promover a toma de decisións das persoas para a transición á vida adulta, utilizando o desenvolvemento do concepto de sí mesmo como un elemento relacional básico para a futura toma de decisións académica e profesional dos xoves. Pero, a persoa apréndese de e na experiencia, aprende (autoaprende) do que fai e do resultado das súas accións, sendo o curso de acción o concepto clave no que consiste a persoa como suxeito activo. Polo que, a construción do autocoñecemento é un proceso dinámico caracterizado pola propia acción persoal no contexto no que se desenvolve, o que recomenda a búsqueda de modelos educativos globais, favorecedores da planificación educativa que fuxan da artificialidade dos programas ilIados a prol dun proceso interactivo entroncado na realidade mesma, onde, por outra banda, sitúanse as metas que se queren conseguir. Desde este punto de vista, os proxectos de trabalIo implican un modelo de educación global que poden constituir unha alternativa importante na procura dunha axeitada educación para a carreira
ISSN
1138-1663