Buscar
Mostrando ítems 1-7 de 7
Eduardo Pondal ‘ao estilo’ de Joan Zorro (A primeira cantiga neotrobadoresca galega)
(Xunta de Galicia, 1998)
[Resumo]Estudo e edición crítica (a partir das dúas versión manuscritas autógrafas) da primeira cantiga neotrobadoresca galega (c. 1905), da autoría de Eduardo Pondal, que se inspira na cantiga “Pela ribeira do rio salido” ...
¡Mal Ollo!... Comedia de ambente mariñeiro, [de] Cándido A. González
(Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor", 2004)
[Resumo]Edición crítica da obra teatral Mal ollo! (1954), de Cándido A. González, con estudo literario e lingüístico, fixación do texto e notas, xunto con diversos apéndices con partituras musicais e notas biográficas.
De Pondal para Curros: apostilas a tres poemas éditos e un poema inédito de 1914
(Consello da Cultura Galega, 2004)
[Resumo]Publicación e estudo dos catro poemas que Eduardo Pondal dedicou a Manuel Curros Enríquez. Após dunhas importantes notas crítico-filolóxicas ao textos dos tres poemas éditos en 1904 e 1908, preséntase a edición dun ...
De Anacreonte a Pondal: un novo poema
(Universitat de Barcelona, 2000)
[Resumo]Edición crítica do poema pondaliano manuscrito (con dúas redaccións) construído como unha imitación de Anacreonte, na esteira do fascinio que Eduardo Pondal sentía pola literatura clásica helénica.
Os carballos pondalianos. Sobre “Fillo cativo da gandra”
(Parlamento de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela, 2000)
[Resumo]Estudo dos “carballos” documentados na obra poética pondaliana, e particularmente das dúas diferentes versións éditas (1901, 1905) do poema “Fillo cativo da gandra”, xunto coa recompilación, transcrición e estudo ...
A Virxe do Cristal: lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera, [de] Ramón Cabanillas
(Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor", 2002)
[Resumo]Edición crítica do dactiloscrito inédito de Ramón Cabanillas que contén un libreto operístico baseado no poema “A Virxe do Cristal” de Curros Enríquez. A edición conta cunha ampla introdución de carácter lingüístico, ...
“Terra verde”: un poema inédito de Eduardo Pondal
(Universidade de Santiago de Compostela, 1999)
[Resumo]Edición crítica do longo poema manuscrito de Eduardo Pondal sobre as invasións viquingas, con estudo lingüístico-literario do texto e das múltiplas alusións histórico-culturais presentes no texto.