Skip navigation
  •  Inicio
  • UDC 
    • Cómo depositar
    • Políticas do RUC
    • FAQ
    • Dereitos de Autor
    • Máis información en INFOguías UDC
  • Percorrer 
    • Comunidades
    • Buscar por:
    • Data de publicación
    • Autor
    • Título
    • Materia
  • Axuda
    • español
    • Gallegan
    • English
  • Acceder
  •  Galego 
    • Español
    • Galego
    • English
  
Ver ítem 
  •   RUC
  • Escola Internacional de Doutoramento (EIDUDC)
  • Teses de doutoramento
  • Ver ítem
  •   RUC
  • Escola Internacional de Doutoramento (EIDUDC)
  • Teses de doutoramento
  • Ver ítem
JavaScript is disabled for your browser. Some features of this site may not work without it.

Homoxeneidades. A dimensión natural e construída das rías. A Ría de Muros e Noia

Thumbnail
Ver/abrir
CambaDopazo_IvanManuel_TD_2024.pdf (478.9Mb)
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/41050
Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0
Coleccións
  • Teses de doutoramento [2227]
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítem
Título
Homoxeneidades. A dimensión natural e construída das rías. A Ría de Muros e Noia
Autor(es)
Camba Dopazo, Iván
Director(es)
Martínez Suárez, Xosé Lois
Seoane, Henrique
Data
2024
Resumo
[Resumo] A presente tese xorde a partir dunha proposta inicial que busca profundar na singularidade do territorio das rías galegas mediante un estudo comparativo e detallado dunha delas, a ría de Muros-Noia, a cal, do mesmo xeito que o resto, representa unha realidade territorial que transcende a unha mera configuración xeográfica. O estudo realizado parte dunha situación hipotética do territorio natural sobre o cal, a presenza humana adquire progresivamente e ao longo dos séculos, un papel cada vez máis significativo. A antropización do territorio natural desenvólvese inicialmente nun marco de respecto, en resposta a unha interacción adaptativa coa contorna. Este equilibrio natural, que se iniciou nun contexto evolutivo, verase, neste territorio, alterado por unha tímida revolución industrial que deu paso a un profundo cambio no modelo socioeconómico que significou o impulso e a transformación construída de acordo a unha base de homoxeneización e imposición sobre este territorio singular. Mediante un estudo detallado, tentarase demostrar como as dependencias naturais deron paso a unhas imposicións construidas que conduciron cara a unha especialización irreversible do conxunto. A influencia primixenia do medio natural sobre as necesidades construídas perde así o seu rol singular para converterse nun pano de fondo ao servizo da evolución humana. A metodoloxia comparativa entre os diferentes períodos relevantes mostra un proceso de lenta progresión respecto das primeiras estruturas megalíticas e asentamentos castrexos, que, ata o desenvolvemento do século XX, presenta escasos efectos acumulativos. Esta dinámica de avance evidénciase claramente a partir da recente ordenación territorial, a cal iniciai un proceso demoledor a favor dunha expansión construtiva desvinculada das necesidades intraeconómicas do territorio, producindo unha desorde evidente e arraigada a unha expansión dispersa fundamentada nunha modificación do tradicional equilibrio agrario a favor dunha nova orde planificada que, na actualidade, amósase ao servizo dunha revolución tecnolóxica que, dende un punto de vista crítico, busca unha saída territorial expansiva a través da imposición, transformación e disociación dun uso básico de vivenda respecto a un novo modelo de uso temporal vinculado a unha progresiva homoxeneidade impositiva sobre a singularidade do territorio. Os modelos tradicionais de equilibrio de espazos naturais, usos habitables e produtivos unifícanse progresivamente como consecuencia da disociación de usos. Os novos modelos de descentralización laboral xunto coa progresiva mellora das infraestruturas terrestres contribúen á aceleración dun proceso de unificación onde a singularidade preséntase resumida nunha liña de costa ao servizo de usos residenciais e turísticos que desprazan do territorio o equilibrio garantido por unha estabilidade poboacional. Pala contra, e estando este proceso en vías de implantación, xorde a dúbida de se este é, simplemente, outro recorrente "cambio de modelo" no devir da historia. Xa sexa que a etapa actual represente un erro de formulación ou ben un novo modelo de cambio ao servizo da evolución tecnolóxica e social, parece irrefutable recoñecer que existe un proceso continuo de transformación acumulativa, o cal, exercido polo ser humano, conduce progresivamente a unha perda de identidade e singularidade territorial.
 
[Resumen] la presente tesis surge a partir de una propuesta inicial que busca profundizar en la singularidad del territorio de las rías gallegas mediante un estudio comparativo y detallado de una de ellas, la ría de Muros-Noia, la cual, al igual que el resto, representa una realidad territorial que trasciende una mera configuración geográfica. El estudio realizado parte de una situación hipotética del territorio natural sobre el cual, la presencia humana adquiere , progresivamente y a lo largo de los siglos, un papel cada vez más significativo. La antropización del territorio natural se desarrolla inicialmente en un marco de respeto, en respuesta a una interacción adaptativa con el entorno. Este equilibrio natural, que se inició en un contexto evolutivo, se verá, en este territorio, alterado por una tímida revolución industrial que dará paso a un profundo cambio en el modelo socioeconómico que significó el impulso y la transformación construida de acuerdo a unas base de homogéneización e imposición sobre este territorio singular. Mediante un estudio detallado, se intentará demostrar cómo las dependencias naturales dieron paso a unas imposiciones construidas que condujeron hacia una especialización irreversible del conjunto. la influencia primigenia del medio natural sobre las necesidades construidas pierde así su papel singular para convertirse en un telón de fondo al servicio de la evolución humana. La metodología comparativa entre los diferentes periodos relevantes muestra un proceso de lenta progresión y mejora de las primeras estructuras megalíticas y castrenses, que, hasta el desarrollo del siglo XX, presenta escasos efectos acumulativos. Esta dinámica de avance se evidencia claramente a partir de la reciente planificación del territorio, la cual inicia un proceso demoledor a favor de una expansión constructiva desvinculada de las necesidades intraeconórnicas del territorio, produciendo un desorden evidente y arraigado a una expansión dispersa fundamentada en una modificación del tradicional equilibrio agrario a favor de un nuevo orden planificado que, en la actualidad, se muestra al servicio de una revolución tecnológica que, desde un punto de vista crítico, busca una salida territorial expansiva a través de la imposición, transformación y disociación de un uso básico de vivienda respecto a un nuevo modelo de uso temporal vinculado a una progresiva homogeneidad impositiva sobre la singularidad del territorio. Los modelos tradicionales de equilibrio de espacios naturales, usos habitables y productivos se unifican progresivamente a consecuencia de la disociación de usos. Los nuevos modelos de descentralización laboral junto con la progresiva mejora de las infraestructuras terrestres contribuyen a la aceleración de un proceso de unificación donde la singularidad se presenta resumida en una línea de costa al servicio de usos residenciales y turísticos que desplazan del territorio el equilibrio garantizado por una estabilidad poblacional. Por el contrario, y estando este proceso en vías de implantación, surge la duda de si este es, simplemente, otro recurrente "cambio de modelo" en el devenir de la historia. Ya sea que la etapa actual represente un error de planteamiento o bien un nuevo modelo de cambio al servicio de la evolución tecnológica y social, parece irrefutable reconocer que existe un proceso continuo de transformación acumulativa, el cual, ejercido por el ser humano, conduce progresivamente a una pérdida de identidad y singularidad territorial.
 
Palabras chave
Ría de Muros e Noia
Planimetría
Crecemento urbano
Rías galegas
Espacios naturales
 
Dereitos
Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0

Listar

Todo RUCComunidades e colecciónsPor data de publicaciónAutoresTítulosMateriasGrupo de InvestigaciónTitulaciónEsta colecciónPor data de publicaciónAutoresTítulosMateriasGrupo de InvestigaciónTitulación

A miña conta

AccederRexistro

Estatísticas

Ver Estatísticas de uso
Sherpa
OpenArchives
OAIster
Scholar Google
UNIVERSIDADE DA CORUÑA. Servizo de Biblioteca.    DSpace Software Copyright © 2002-2013 Duraspace - Suxestións