Proxecto de re-naturalización dos terreos ocupados por Ence na ría de Pontevedra

Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/37032Coleccións
- Investigacion (ETSAC) [511]
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Proxecto de re-naturalización dos terreos ocupados por Ence na ría de PontevedraAutor(es)
Data
2023-09Cita bibliográfica
Rodríguez-Álvarez, J. (2023). Proxecto de re-naturalización dos terreos ocupados por Ence na ría de Pontevedra. Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, (90), 21-23.
Resumo
[Resumo] Ata finais dos anos cincuenta do século pasado, Os Praceres era un idílico enclave da parroquia de Lourizán, na
ría de Pontevedra. A súa beleza atraía ilustres visitantes e dinamizaba a economía local, baseada na actividade
marisqueira e no incipiente turismo. No ano 1958 o réxime de Franco decidiu, malia a protesta da veciñanza,
facer un recheo de 50 ha sobre a ría, e construír o complexo Ence-Elnosa para a fabricación de pasta de papel e
cloro. Estas instalacións levan degradando os valores ambientais e paisaxísticos da comarca durante 65 anos. A
oposición cidadá segue sendo intensa pese á propaganda corporativa e as presións exercidas pola empresa. Co
obxectivo de visualizar o potencial deste territorio tras a marcha da fábrica, a Asociación Pola Defensa da Ría e a
Escola de Arquitectura da Coruña colaboraron na elaboración dunha proposta para a re-naturalización do ámbito
ocupado polo complexo industrial.
Palabras chave
Ría de Pontevedra
Os Praceres
Ence
Pasta de papel
Cloro
Medio ambiente
Paisaxe
Re-naturalización
Os Praceres
Ence
Pasta de papel
Cloro
Medio ambiente
Paisaxe
Re-naturalización
ISSN
1136-2677