As arelas, a democracia representativa e a realidade espacial no contexto de Sada
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/36092Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
As arelas, a democracia representativa e a realidade espacial no contexto de SadaAutor(es)
Data
2017Cita bibliográfica
Fernández, Ó. P. (2017). As arelas: a democracia representativa ea relaidade espacial no contexto de Sada. In Proxecto Sada: paisaxe, lugar e arquitectura/ (pp. 29-40). Universidade da Coruña.
Resumo
[Resumo] Na actual sociedade postindustrial, o descrédito dun gran número de electores e a perda da fe na democracia representativa baixo o sistema de partidos trouxeron consigo o descontento cidadán, que se plasmou nas eleccións municipais de 2015. Entre as "novas" reivindicacións, a que e relaciona directamente coa disciplina do arquitecto é a participación cidadá como acicate para o redeseño dos sistemas urbanos e do espazo público. O texto presenta unha serie de reflexións acerca da nova situación política e social e a súa incidencia na gobernanza da cidade desde o punto de vista do que significa participación cidadá e do instrumentos que deben plasmar o resultado final para facer efectiva esa transformación da cidade. Desde un aspecto global, analízase o contexto político e económico que rodea o desenvolvemento urbano. Descendendo á escala do núcleo de Sada e o eu contorno, ofrécese unha serie de pistas que poidan relacionar, no contexto sadense, os termos de urbanismo, política e polís.
En segundo lugar, nárrase a experiencia do traballo da materia de Proxectos 4 desde o punto de vista da relación urbana, pero sen obviar a realidade esmagadora, o que herdarán os agora estudantes. De modo que, aos exemplos ideais de resolución do espazo, se lles superpoñen o resto de situacións reais, globais, que xustifican o rescate de tipoloxías en perigo de extinción (como un mercado de abastos) ou a posta en valor de tipoloxías alternativas, rexeneradoras de tecido (vivencia para artistas).
Por último, ao soño que produce a foto do voo americano de 1956, superpónselle unha crítica da situación real e a consideración de que, se a nova situación económica e de reclamo social supoñen xa de por si un grande hándicap, aínda existen problemas de antano de carácter estrutural que fan, se cabe, máis difícil afrontar unha gobernanza.
Palabras chave
Urbanismo
Democracia
Espazo
Arquitectura
Participación
Democracia
Espazo
Arquitectura
Participación
ISBN
9788409007172