Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorLópez, Teresa (1964-)
dc.contributor.authorTorrado Carollo, Marta
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxíaes_ES
dc.date.accessioned2023-11-30T09:26:17Z
dc.date.available2023-11-30T09:26:17Z
dc.date.issued2022
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/34383
dc.description.abstract[Resumo] Este traballo ten como obxectivo o estudo da creación identitaria desde o xénero na obra de Lupe Gómez (Fisteus, Curtis, 1972), en concreto en Fisteus era un mundo (2001) e Camuflaxe (2017). Esta autora encádrase na eclosión de autoras que tivo lugar na década de 1980 e, sobre todo, de 1990, dentro da poesía galega. A metodoloxía utilizada foi, primeiramente, o levantamento bibliográfico e, nun segundo momento, a lectura reflexiva das obras para analizarmos as diferentes figuras e momentos decisivos para a elaboración da identidade feminina lupina. Tendo en conta a produción poética doutras autoras coetáneas, e o seu concepto de identidade de xénero, singularizamos no presente traballo a obra de Lupe Gómez pola súa procura de referentes no seu entorno social. As seccións principais do traballo analizan as figuras femininas, a transición da infancia á idade adulta, as figuras masculinas e a tese feminista da autora. Na primeira, abordamos a análise das figuras femininas presentes no entorno social da autora, destacándomos por unha banda as pertencentes ao seu núcleo familiar e, pola outra, as presentes no seu núcleo social. Estas mulleres funcionaron como primeiro referente identitario, configurando un modelo de feminidade baseado no traballo e nos coidados. No segundo apartado tratamos a transición da infancia á idade adulta para destacar o carácter crucial deste momento na creación da identidade feminina lupina polos cambios físicos e psicolóxicos que implica. Ten especial relevancia neste apartado a menstruación, pois é un símbolo omnipresente na produción literaria de Lupe Gómez. Con esta análise vemos como esta transición está relacionada cos cambios no entorno da autora, constituíndo a chegada ao colexio e a da menstruación as mudanzas máis significativas. No terceiro apartado realizamos a análise das figuras masculinas, diferenciando aquelas que pertencen ao seu núcleo familiar e despois as presentes no núcleo social da autora. Algúns destes homes (o pai, o amigo) presentan unha identidade de xénero disidente que é utilizada pola autora na súa autopoiesis. No cuarto apartado expoñemos como a autora mostra o machismo imperante na sociedade galega e presenta a institución culpábel, as persoas que perpetúan a opresión e as responsábeis do cambio social. Vemos que o feminismo para a curtense é unha loita transversal que debe ser encamiñada polas mulleres (quen necesariamente teñen de se enfrontar aos roles de xénero) mais apoiada polos homes para vermos unha mudanza real a nivel social. En conclusión, a identidade lupina baseada no xénero mostra unha idea de muller que supón, á vez, unha reivindicación da muller do rural galego –personificada na nai– e unha tentativa de superación deste modelo –o fornecido polas mulleres de Fisteus– polas limitacións que o machismo lle coloca. Así, Lupe Gómez crea unha muller conectada coa tradición, mais libre para explorar a súa identidade de xénero sen limitaciónses_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.subjectGómez, Lupees_ES
dc.subjectIdentidade de xéneroes_ES
dc.subjectFeminismoes_ES
dc.subjectMachismoes_ES
dc.subjectPoesía galegaes_ES
dc.titleUnha vaca entre as baleas: O xénero na construción da identidade en Lupe Gómezes_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bachelorThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2021/2022es_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem