A Confissão, de Bernardo Santareno: un achegamento á súa recepción desde 1979 até a actualidade
Title
A Confissão, de Bernardo Santareno: un achegamento á súa recepción desde 1979 até a actualidadeAuthor(s)
Directors
Biscainho-Fernandes, Carlos-CaetanoDate
2022Center/Dept./Entity
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescription
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2021/2022Abstract
[Resumo] Bernardo Santareno publica en 1979 a peza A Confissão no volume Os
marginais e a revolução, anos despois do final do Estado Novo coa Revolução de 25 de
Abirel de 1974. Os sucesos da obra desenvolven as confesións dunha muller humilde e
dunha travestí, Françoise, atendidas por un Confessor católico. No presente traballo
propormos unha análise da recepción da obra focalizada nas súas publicacións,
representacións e críticas académicas. En primeiro lugar, exponse o repertorio literario
de Bernardo Santareno para situar a obra. Ademais, preséntase o contexto histórico e
social en que se publica a obra e tamén se desenvolve a trama. En segundo lugar,
desenvólvese o estudo da recepción atendendo ás publicacións, representacións e
críticas académicas que tivo a peza.
A recepción de A Confissão viuse influenciada polo contexto de Portugal, pois
algúns fundamentos do Estado Novo en relación á familia e o xénero perduraban na
sociedade e, así mesmo, o poder da Igrexa na poboación mantívose nas décadas
posteriores. Os diferentes estudos críticos examinados infiren que a obra propón debates
sobre a exclusión e opresión sufrida polos colectivos marxinais da sociedade portuguesa
a través de personaxes que os personifican. A peza realiza unha crítica dos roles de
xénero na sociedade co personaxe da Mulher que busca romper a dinámica patriarcal e
de violencia machista que padece na súa casa. Ademais, trátase a crise de identidade de
xénero que experimenta a personaxe transexual Françoise dentro dun sociedade binaria.
Así pois, ao termos en conta o contexto e o estudo de casos, os temas abordados na obra
non eran considerados convenientes para unha gran parte da sociedade, limitando a
posible alcance de A Confissão.
Keywords
A Confissão
Santareno, Bernardo
Teatro
Recepción
Xénero
Santareno, Bernardo
Teatro
Recepción
Xénero
Rights
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido