Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorFernández Pérez-Sanjulián, Carme
dc.contributor.authorSeoane Rebollo, Marta
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxíaes_ES
dc.date.accessioned2023-11-10T10:07:55Z
dc.date.available2023-11-10T10:07:55Z
dc.date.issued2023
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/34145
dc.description.abstract[Resumo] O obxectivo deste traballo é estudar a inserción e utilización do pranto tradicional galego en tres pezas teatrais da nosa literatura, coa finalidade de comprobar, e intentar demostrar, que este motivo e a súa recreación serviron como fonte de inspiración a diversos autores en distintos momentos da historia da literatura galega. Deste modo, o corpus textual co que traballamos componse de A Contenda dos Labradores de Caldelas (1671) de Gabriel Feixoo de Araúxo, Os vellos non deben de namorarse (1941) de Castelao e A noite vai coma un rio (1965) de Álvaro Cunqueiro. Para acadar o noso obxectivo optamos por dividir o traballo en dúas partes diferenciadas e achegármonos ao estudo do pranto desde unha dupla perspectiva. En primeiro lugar, desde o punto de vista antropolóxico, para o que acudimos a diversas fontes que documentaban esta perspectiva. Así, prestamos atención ao funcionamento do pranto como medio para racionalizar a dor provocada pola morte dun ser querido e que, como sinalan Marcial Gondar (1981) ou Filgueira Valverde (1977), segue un esquema determinado. En segundo lugar, desde o punto de vista literario, para o que fixemos unha revisión de textos que nos permitiu situar as primeiras mostras do pranto literario na Antigüidade Clásica, unha tradición que se afianzou na Idade Media e que sobreviviu como práctica popular até finais do século pasado. Para alén diso, ao estudar a inserción do pranto tradicional galego en diversas pezas teatrais quixemos atender tamén á súa dimensión teatral, é dicir, ás súas posibilidades de performatividade, para o que fixemos un breve percurso por distintas manifestacións do pranto que contemplan o espectáculo como un elemento estrutural. Desde as súas orixes esta práctica leva consigo unha performatividade que os autores dos textos aquí analizados manteñen nas súas obras. Canto á análise literaria dos textos, cómpre mencionar que a realizamos atendendo, simultaneamente, á súa estrutura, contido e forma. Así, en cada un dos textos cos que traballamos prestamos atención á estrutura dos prantos, revisando se neles se encontraban os elementos tradicionais e as distintas fases polas que este evoluciona. Tamén quixemos dar conta de quen son os axentes e puidemos comprobar que, en todos os casos, se trata de mulleres, iso si, con diferente grao de vinculación coa persoa defunta. Por último, canto á análise do texto teatral afondamos nas súas posibilidades representativas, nesa performatividade da que falamos anteriormente. A teatralidade do pranto, no texto teatral, está latente a través das diversas indicacións que os autores inclúen nas súas pezas mediante didascalias. A xestualidade e mais a música dan conta desa vontade de levar ás táboas unha práctica funeraria tradicional que xa de seu ten moito de teatral. Para concluírmos, podemos determinar que este traballo evidencia como ao longo do tempo se mantivo vixente esta manifestación ritual, unha das máis arraigadas na cultura popular galega. Tanto que chegou a se converter en materia literaria, de tal modo que autores de épocas diversas consideraron necesaria a inclusión nas súas obras.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.subjectPrantoes_ES
dc.subjectPráctica femininaes_ES
dc.subjectMortees_ES
dc.subjectRecreación teatrales_ES
dc.subjectAnálise literariaes_ES
dc.titleA morte en feminino: análise literaria da recreación teatral do pranto tradicional galegoes_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bachelorThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2022/2023es_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem