Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorUriz Tomé, Pilar
dc.contributor.authorMeléndez Luces, Patricia
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Economía e Empresaes_ES
dc.date.accessioned2023-11-03T10:13:38Z
dc.date.available2023-11-03T10:13:38Z
dc.date.issued2023
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/34018
dc.description.abstract[Resumo]: Ao longo do presente traballo realizase unha análise comparativa entre as características das viaxes turísticas realizadas en dous barrios antagónicos, economicamente falando, da Coruña: Cidade Vella - O Parrote (CP 15001) e O Ventorrillo - A Agra do Orzán (CP 15010), co obxectivo principal de determinar como inflúe o nivel de renda nas viaxes turísticas. De xeito previo estúdanse os barrios en cuestión: a súa demografía, historia, características socioculturais, etc. é dicir, datos que poderían afectar nas decisións acerca das viaxes. Os datos a comparar foron obtidos a través dunha enquisa en liña de elaboración propia e contestada por persoas veciñas de ambos os dous barrios. As principais variables a analizar son as seguintes: número de viaxes realizadas con anterioridade e posterioridade á pandemia da covid-19, razóns polas que non se fixo ningunha no caso de que así fose, frecuencia, destino escollido, motivacións, período do ano, forma de organización, tipo de aloxamento e transporte escollidos e gasto turístico desagregado en cada unha das partidas que o conforman. Por medio dunha análise descritiva na que se comparan as porcentaxes e gráficos resultantes obtense información de gran relevancia. Pese a isto, é preciso complementar a análise anterior por medio dunha técnica estatística máis elaborada e concreta que permitira analizar a relación entre dúas variables como é o caso das táboas de continxencia e a proba khi-cadrado. Os resultados de ditas probas amosaron que o nivel de renda das persoas ten impacto nas decisións de viaxe: as persoas con maior capacidade económica teñen maior propensión a viaxar e a facelo de maneira máis frecuente, por maior tempo, a destinos máis afastados e aloxándose en establecementos de maior categoría. Esta información é relevante para adaptar a oferta turística a cada perfil económico concreto.es_ES
dc.description.abstract[Abstract]: Throughout the present work, a comparative analysis has been done between the characteristics of the touristic trips made by two economically antagonistic neighbourhoods in A Coruña: Old Town - O Parrote (CP 15001) and O Ventorrillo - A Agra do Orzán (CP 15010), with the main objective of determining how the wealth level influences the touristic trips. First, the neighbourhoods previously mentioned were studied: their population, history, socio-cultural characteristics, etc. in other words, data that might have an impact on travel choices. The data for comparison was obtained through an original online survey answered by residents of both neighbourhoods. The main variables to be analysed are number of trips made before and after the covid19 pandemic, reasons that explain why in some cases were not made, frequency, chosen destination, motivations, period of the year, method of organisation, type of accommodation and transport chosen, and tourist expenses detailed in each of the items that compose it. A descriptive analysis that compares the resulting percentages and figures provides highly relevant information. Despite this, it is necessary to complement the previous analysis with a more elaborated and concrete statistical technique that allow the analysis of the relationship between two variables like the continence rates and the khi-squared test do. The results of those tests showed that people's wealth level has an impact on their travel decisions: people with a higher economic capability have a higher tendency to travel and to do so more frequently, for a longer period, to more remote destinations and to stay in higher category accomodation. This information is relevant to suit the tourist offer to every specific economic profile.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.subjectTurismo de claseses_ES
dc.subjectNivel de rendaes_ES
dc.subjectViaxes turísticases_ES
dc.subjectEfectos da covid19 no turismoes_ES
dc.subjectClass tourismes_ES
dc.subjectIncome levelses_ES
dc.subjectTourist tripses_ES
dc.subjectThe effects of covid-19 in tourismes_ES
dc.titleO influxo do nivel de renda nas viaxes turísticas. Comparativa entre dous barrios da cidade da Coruñaes_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bachelorThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.ECO). Ciencias empresariais. Curso 2022/2023es_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem