Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.authorCollazo Puñal, Lucía María
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portoses_ES
dc.date.accessioned2023-10-17T19:04:10Z
dc.date.available2023-10-17T19:04:10Z
dc.date.issued2023
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/33789
dc.description.abstract[Resumo:] No presente proxecto plantéxase a execución dun paseo fluvial co que se conformaría unha ruta circular e que dotaría aos municipios de Carballo e Coristanco dun amplo espazo verde, e tamén unha actuación na Ponte Lubiáns, unha ponte medieval que actualmente se atopa en estado de abandono. Deste xeito búscase: - Enaltecer o valor patrimonial da Ponte Lubiáns, cunha actuación respectuosa e de carácter minimalista. - Plantexar unha proposta cun marcado valor ambiental, en busca do desenvolvemento sostible, seguindo as pautas do Plan Director de Mobilidade Alternativa de Galicia e do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima. - Fomentar a inclusión social de colectivos en risco de exclusión social da Brea e da Ponte Rosende, conectándoos co centro de Carballo mediante a execución do paseo e proporcionando áreas que faciliten a comunicación entre nenos e adultos destes colectivos en risco de exclusión cos de outros concellos. O deseño do paseo fluvial faise seguindo a Instrución 3/2021 para o deseño de sendas peonís-ciclistas en estradas de titularidade da comunidade autónoma de Galicia. Consta de 3 metros de ancho e 3,5 km de largo. O feito de que o volume de desmonte sexa superior ao de terraplén fai que non sexa necesario acudir a préstamos. O firme do paseo peonil ciclista consta de 20 cm de SEST (solo de xabre compactado estabilizado con cemento) sobre unha capa de 20 cm de zahorra artificial. Na zona de xardín disponse sembra de céspede sobre unha capa de terra vexetal. Finalmente, as zonas de ocio constan dun pavimento continuo de 4 cm de espesor de caucho reciclado, sobre diversas capas de formigón hidráulico, morteiro de cemento e unha capa de zahorra artificial. A execución do drenaxe faise seguindo as Instrución técnicas para obras hidráulicas en Galicia. A actuación na Ponte Lubiáns plantéxase tendo especialmente en conta os criterios de intervención do Instituto de Patrimonio Cultural de España. Seguindo o indicado na Carta de Cracovia, onde se especifican obxectivos e métodos para a conservación e restauración do patrimonio edificado, a necesidade da investigación no mantemento e de contemplar a paisaxe como patrimonio cultural integrándoa coas construcións realizadas. A análise de estabilidade faise mediante o Método plástico de Heyman, analizando cada bóveda individualmente, e posteriormente mediante o sofware LimiteState: Ring, concluíndo que é innecesario reforzar as bóvedas e actuar a nivel estrutural na ponte. Deste xeito, plantéxase a execución mediante tres fases: Fase I: reparación, limpeza e consolidación, Fase II: tratamentos preventivos, e unha última Fase III: rutinas de control, seguimento e mantemento.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.rightsAtribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 Españaes_ES
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/*
dc.subjectUrbanismoes_ES
dc.subjectRexeneración do medioes_ES
dc.subjectRegeneración del medioes_ES
dc.subjectEstruturases_ES
dc.subjectEstructurases_ES
dc.subjectObras hidráulicases_ES
dc.subjectHidroloxíaes_ES
dc.subjectHidrologíaes_ES
dc.titlePaseo fluvial no río Rosende e actuación na Ponte Lubiánses_ES
dc.title.alternativeRiver-walking at river Rosende and Lubiáns Bridge actinges_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bachelorThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.ETSECCP). Tecnoloxía da Enxeñaría Civil. Curso 2022/2023es_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem