O teatro durante o réxime franquista e o Estado Novo: Estudo de casos da censura ditatorial na Galiza e en Portugal
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/29759Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
O teatro durante o réxime franquista e o Estado Novo: Estudo de casos da censura ditatorial na Galiza e en PortugalAutor(es)
Director(es)
Biscaínho Fernandes, Carlos CaetanoData
2021Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2020/2021Resumo
[Resumo] O presente traballo ten por obxectivo contrastar a forma en que a censura afectou o teatro galego durante o franquismo e o teatro portugués durante o Estado Novo para tirar as semellanzas e as diferenzas entre as formas en que os dous ámbitos teatrais foron afectados por este proceso opresor. No primeiro capítulo contextualízase a instauración da censura franquista e da censura do Estado Novo a través de fontes bibliográficas de carácter lexislativo e histórico, explicando o impacto que tiveron no ámbito teatral galego e portugués
e achegando algúns dos exemplos máis relevantes de cada cultura. O segundo capítulo é un estudo de casos centrado na Galiza cuxa primeira sección expón como a censura afectou á obra O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca de Álvaro Cunqueiro, continuando na segunda metade cunha visión global do impacto do Teatro Circo como grupo de teatro independente no teatro galego. De maneira similar, o estudo de casos do terceiro capítulo céntrase na obra O Judeu de Bernardo Santareno e na presenza de Fiama Hasse Pais Brandão no ámbito teatral. Por último, após reproduciren a idea principal de cada capítulo, as
conclusións estabelecen unha comparación entre os efectos censores no teatro galego e no portugués a través dos casos analizados no traballo.
Palabras chave
Teatro
Censura
Franquismo
Estado Novo
Estudo de casos
Censura
Franquismo
Estado Novo
Estudo de casos
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido