Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorSamartim, Roberto
dc.contributor.authorHermida Silva, Andrea
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxíaes_ES
dc.date.accessioned2022-02-09T11:05:33Z
dc.date.available2022-02-09T11:05:33Z
dc.date.issued2021
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/29748
dc.description.abstract[Resumo] Este traballo estuda a promoción da cultura galega no exterior a través da programación de eventos nos Centros de Estudos Galegos (CEG) da Penínsulta Ibérica (PI) entre 2015 e marzo do 2021. Delimitamos este período en función deste ser o lapso temporal recollido no Portal da Lingua Galega (PGL), nosa fonte principal con carácter institucional. O estudo das estratexias de divulgación dos centros faise seguindo unha metodoloxía descritiva, cuantitativa e relacional por medio do aplicativo Refworks; este permite compilar en termos absolutos toda a información necesaria para a realización deste traballo. Para a abordaxe das accións dos CEG e a súa posterior análise conxunta tamén fixemos uso de ferramentas como o Excel, que nos permitiron xerar figuras e traballar con porcentaxes. A aproximación ao obxecto de estudo é estruturada en tres seccións: en primeiro lugar, demos conta dos pasos seguidos para a elaboración do TFG; en segundo lugar, focamos na análise dos CEG segundo os espazos culturais a que estes pertencen, abordando tanto a súa historia como a descrición das súas actividades no período analizado; en terceiro lugar, realizamos unha análise conxunta das accións dos CEG, describindo a súa tipoloxía en profundidade e analizando os trazos que definen cada espazo. Constatamos que un estudo exaustivo dos CEG non fora aínda realizado, polo que a través deste traballo determinamos cuestións tales como o período máis e menos activo para cada territorio vinculado aos CEG, os campos culturais presentes e predominantes en cada un ou o formato das actividades, entre outros aspectos. Entre as conclusións puidemos observar que o evento tipo ten a ver con conferencias, coloquios ou proxeccións que focan na literatura, na música ou no cinema. As ferramentas elixidas cumpren as nosas necesidades e permiten levarmos a cabo análises de tipo cuantitativo, cualitativo e relacional que achegan información ao tempo que describimos as estratexias culturais seguidas polos CEG no período escollido. Finalmente, logo da preparación deste traballo o camiño cara a novas interpretacións deste obxecto de estudo fica aberto.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.subjectCultura galega no exteriores_ES
dc.subjectCentros de Estudos Galegoses_ES
dc.subjectLiteratura galegaes_ES
dc.subjectMúsica galegaes_ES
dc.subjectCinema galegoes_ES
dc.titleAnálise da promoción da cultura galega polos Centros de Estudos Galegos da Península Ibérica entre 2015 e 2021es_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bachelorThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2020/2021es_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem