Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorSamartim, Roberto
dc.contributor.authorCotelo Mouriz, Xosé Manuel
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxíaes_ES
dc.date.accessioned2022-02-09T08:11:19Z
dc.date.available2022-02-09T08:11:19Z
dc.date.issued2021
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/29733
dc.description.abstract[Resumo] Este traballo é unha tentativa de categorización da narrativa contemporánea galega através da produción das editoras Xerais, Galaxia e Urco na franxa do 2000 até 2019. O punto de partida foi o volume de Cartografías da narrativa galega contemporánea onde o seu autor, Xaquín Ñúñez Sabarís, analiza a produtividade das categorías do thriller xacobeo, a narcoficción e o romance negro, onde anticipa que estes temas presentan unha rendibilidade non só na narrativa senón tamén nas plataformas audiovisuais. Así, fixemos un levantamento de información co propósito de facer unha sondaxe da narrativa contemporánea para verificarmos a produtividade das categorías sinaladas e introducirmos novas etiquetas se for o caso. En segundo lugar, xeramos información relativa ao campo editorial galego que cremos que será frutífera en posíbeis traballos futuros. As editoras que conformaron a nosa análise destacan por seguir unhas estratexias de mercado definidas ao buscar unhas liñas de produción concretas que lles permiten ser as referencias nalgúns dos xéneros que publican: Xerais eríxese como a entidade que máis produción alberga, sobre todo destinada a aqueles romances clasificados segundo a súa temática en “aventuras” alén de concentrar unha grande cantidade de libros no xénero infanto-xuvenil. Galaxia tamén mostra unha grande produción de títulos, mais inferior a Xerais dos cales verificamos unha proporción considerábel de volumes pertencentes á tradición sendo a etiqueta de “ruralismo e emigración” a máis destacada. Por contra, Urco é a editora que presenta a menor produción en relación a Galaxia e Xerais, mais destina case todo o seu catálogo ao campo da tradución, especialmente, a categoría de “fantasía e do terror”, onde tamén advertimos como esta editora aposta por clásicos da narrativa anglosaxoa xa que entre os autores que máis publican no seu catálogo a maioría son autorías do mundo anglófono. Por último, advertimos que as categorías mencionadas por Xaquín Ñúñez Sabarís teñen unha incidencia discreta na produción destas editoras, sendo o “drama policial” a única etiqueta que alcanza uns valores máis altos en relación ao “thriller xacobeo” e “romance negro”. Ademais, tamén puidemos radiografar como a presenza da ratio entre autorías masculinas e femininas está decantado cara o sector masculino, onde de cada dez libros que analizamos, sete eran escritos por homes, mentres que apenas 3 eran de autoría feminina.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.subjectNarrativa galega contemporáneaes_ES
dc.subjectProdución editorial galegaes_ES
dc.subjectEditorial Galaxiaes_ES
dc.subjectEdicións Xeraises_ES
dc.subjectUrco Editoraes_ES
dc.subjectNúñez Sabarís, Xaquínes_ES
dc.subjectXénero na literaturaes_ES
dc.titleAnálise e proposta de categorización da narrativa galega contemporánea: levantamento de hipóteses sobre unha sondaxe da produción editorial de 2000 a 2019es_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bachelorThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2020/2021es_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem