Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.authorVarela Rojo, María Victoria
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portoses_ES
dc.date.accessioned2020-10-29T16:25:44Z
dc.date.available2020-10-29T16:25:44Z
dc.date.issued2020
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/26591
dc.description.abstract[Resumo]: O obxectivo principal do presente proxecto é conectar o núcleo urbano de Malpica con outros de menor tamaño do concello: Seaia, Beo e Seiruga, así coma coas súas respectivas praias, mediante un carril bici, para dar resposta ao incremento de ciclistas que circulan pola vía, e propoñer un novo método de transporte para movementos de ocio máis sostible. Malpica de Bergantiños é un dos concellos que forman a Comarca de Bergantiños, ao oeste da provincia da Coruña, e forma parte da denominada Costa da Morte. A vila de Malpica é a capital do concello, e tamén o núcleo urbano máis importante e de maior tamaño e número de habitantes. Ten especial importancia no verán atraendo un gran número de turistas, chegando a triplicar a poboación. Esta importante afluencia de turistas e visitantes, débese ás especiais características da zona, tanto naturais coma culturais, que a fan ideal para a práctica de deportes acuáticos e turismo activo na natureza, entre outras actividades. Sen embargo, o camiño de chegada a estas áreas atractoras de viaxes está pensado única e exclusivamente para realizar os desprazamentos en vehículo motorizado, facendo moi insegura a circulación en calquera outro medio de transporte, especialmente as bicicletas, que na situación actual comparten lugar na vía principal, chegando as velocidades dos vehículos a 70 km/h, cos riscos que isto implica para todos os usuarios. A actuación consistirá basicamente en incluír un carril bici bidireccional na marxe esquerda da estrada principal, que seguirá o seu percorrido entre os PK 0+412 e 3+830, pasando por Seaia, Beo e rematando en Seiruga. Os accesos ás praias serán de tipoloxía zona 30 compartida, polas características das vías secundarias, xa que son estreitas e sen marxes para poder construír, polo que a actuación nesas zonas quedará limitada á disposición de sinalización adecuada. No tramo principal, ao situar o carril bici na marxe esquerda, aproveitarase a zona de dominio público, aínda que nalgúns casos será necesario demoler unha parte da beiravía da estrada e tramos de beirarrúa. Ademais, dotarase de separadores para evitar que os vehículos motorizados o invadan.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.subjectCarreterases_ES
dc.subjectEstradases_ES
dc.subjectPistas para ciclistases_ES
dc.subjectUrbanismoes_ES
dc.titleCarril bici nas marxes da DP-4307 e de acceso ás praias en Malpicaes_ES
dc.title.alternativeBike lane on the side of road DP-4307 and access to beaches in Malpica.es_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bachelorThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.ETSECCP). Enxeñaría de Obras Públicas. Curso 2019/2020es_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail
Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem