Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.authorDe Llano Cabado, Pedro
dc.contributor.authorSumay Rey, José Antonio
dc.contributor.authorGarcía-Muñoz Vaquero, Diego
dc.contributor.authorVentura Real, José María
dc.contributor.authorAlonso-Alonso, Patricia
dc.contributor.authorLizancos, Plácido
dc.date.accessioned2020-05-18T11:43:55Z
dc.date.available2020-05-18T11:43:55Z
dc.date.issued2003
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/25589
dc.descriptionCatálogo da exposición organizada pola Comisión de Cultura da Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Santiago de Compostela Febreiro 2003. A exposición elaborouse a partir de orixinais realizados polos alumnos da asignatura ANÁLISE GRÁFICA ARQUITECTÓNICA durante os cursos 2000-2001 e 2002-2003es_ES
dc.description.abstract[Resumo] A arquitectura holandesa recente posúe un atractivo que reside na inquieta actitude intelectual e na variedade da producción ofrecida por uns creadores e teóricos para os que, movéndose entre o rigor creativo e a experimentación, a arquitectura non é máis que o desexo de modifica-la realidade intervindo nela coa visión posta nunha cultura de futuro. É aquel, ademais, un país no que a ordenación territorial aparece directamente ligada á súa concreción como arquitectura. No que as administracións locais e cooperativas desenvolven grandes plans de vivendas e edificios públicos, entendendo os mesmos desde unha coidada atención á edificación como fenómeno cultural e potenciando o debate arquitectónico a través de diversas institucións oficiais como o Nederland Architectuur Institute ou o Berlage Institut. Liderando os máis recentes debates arquitectónicos europeos e continuando as contribucións de toda unha longa historia, con tan importantes referentes como Berlage, Oud, Rietveld, Aldo van Eyck ou Bakema, boa parte das máis recentes innovacións da arquitectura occidental están, sen dúbida, na práctica holandesa, caracterizada pola creación dun espacio de experimentación e discusión apoiado nunha fecunda asunción crítica do legado dos grandes mestres da vangarda. Para eles, desde un vivo debate entre grupos e escolas, o arquitecto traballa no lugar adecuándose a el con total liberdade. O edificio non é algo que ocupa un lugar senón que o constrúe. Rem Koolhaas, tal vez o arquitecto vivo máis singular e menos académico afirmou que: “Volvendo a vista atrás creo que agora estamos tratando de novo os mesmos temas que tratou a vangarda, despois do pesadelo semántico dos últimos anos… A miña única crítica ó chamado Movemento Moderno é que estiveron fatalmente atraídos pola idea da orde… Nós intentamos encontrar neles unha resposta a algo que eles deixaron sen resolver: combinar a indeterminación coa especificidade arquitectónica”. É, esta, unha afirmación que un importante conxunto de arquitectos holandeses está levando ás súas últimas consecuencias, apoiando unha pragmática valoración da auténtica realidade da cidade e do contorno da súa arquitectura para determinar unhas intervencións, baseadas nunha “inestabilidade programática” orixinada pola manipulación dalgúns dos datos previos existentes.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.publisherEscola Técnica Superior de Arquitecturaes_ES
dc.publisherColexio Oficial de Arquitectos de Galicia
dc.subjectArquitecturaes_ES
dc.subjectHolanda
dc.subjectAnálise gráfica
dc.titleNL2002 O nacemento dunha nova arquitecturaes_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bookes_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem