O neofalantismo no estudantado da Facultade de Filoloxía da UDC
Title
O neofalantismo no estudantado da Facultade de Filoloxía da UDCAuthor(s)
Directors
Freixeiro Mato, Xosé RamónDate
2019Center/Dept./Entity
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescription
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2018/2019Abstract
[Abstract] Although the Galician language resisted the pressure exerted by Spanish for several centuries, the profound sociopolitical and socioeconomic transformations that Galiza underwent in the middle of the 20th century accelerated the process of linguistic substitution. The language policy measures implemented since the 1980s intended to reverse this negative trend, with a view to widening or at least maintaining the areas in which Galician was already present.
Nevertheless, whilst the number of speakers is now at alarming rates, the Galician sociolinguistic landscape has changed significantly in recent times, witnessing the emergence of an urban minority of native Spanish speakers who reacts with determination to the linguistic imbalance in Galiza. These new speakers play a fundamental role in the
transformation of language ideologies and practices, thereby becoming a key element in the future of the Galician language.
The purpose of this undergraduate dissertation is to analyse the phenomenon of newspeakerness in the Faculty of Philology of the University of A Coruña, so as to provide a comprehensive picture of these new Galician users. In this vein, by means of two well-known
qualitative techniques, such as the focus group and the semi-structured interview, several aspects related to the learning trajectories, the motivations, the opportunities for language use, the metalinguistic awareness and the difficulties encountered in language acquisition are
investigated. Issues regarding authenticity, social legitimacy and the linguistic identity of new speakers are also addressed.
Thus, this paper opens with a brief outline of the Galician sociolinguistic landscape, followed by a description of the objectives and methodology used throughout these pages. In Chapter 2, a theoretical framework is established based on the evolution of the different European, Peninsular and Galician currents in the field of minority and minoritised languages
The following section examines and ponders the various definitions, typologies and profiles of new speakers, as well as their connection to the ideologies and attitudes related to the Galician language. Subsequently, Chapter 4 is devoted to the analysis and further discussion of the data from the semi-structured interviews and the focus group, paying particular
attention to the reasons for learning the language, the identities and ideologies, the linguistic uses and the value and the role of new speakers in Galician society. The work ends with some conclusions, which emphasise the special sociolinguistic status of these people and their high
relevance for the revitalisation and survival of the Galician language. [Resumo]A pesar de a lingua galega resistir durante varios séculos á presión exercida polo español, as profundas transformacións sociopolíticas e socioeconómicas que sufriu a Galiza na metade do
século XX aceleraron o proceso de substitución lingüística. As medidas políticas en materia de lingua implementadas a partir da década de 1980 tencionaron inverter esa tendencia negativa, con vista a alargar os ámbitos en que o galego xa estaba presente. Porén, aínda que o número de paleofalantes continúa a diminuír de modo especialmente preocupante, nos últimos tempos o panorama sociolingüístico galego está a mudar significativamente, presenciando o aparecemento dunha minoría urbana e falante nativa de español que reaxe con determinación perante o desequilibrio lingüístico na Galiza. Estas persoas neofalantes desempeñan un papel fundamental na transformación das ideoloxías e das prácticas lingüísticas, o que as torna unha peza chave no futuro do idioma galego.
O obxectivo deste traballo é analizar o fenómeno do neofalantismo na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña co fin de fornecer un retrato abranxente destes novos e novas utentes do galego. Neste sentido, a través de dúas técnicas cualitativas sobexamente coñecidas, tales como o grupo de discusión e a entrevista semidirixida, investíganse varios aspectos relacionados coas traxectorias de aprendizaxe, as motivacións e as oportunidades para o uso da lingua, a consciencia metalingüística, as dificultades encontradas na adquisición do idioma etc. Abórdanse tamén cuestións relativas á autenticidade, á lexitimación social e á identidade lingüística das persoas neofalantes.
Así, o presente traballo abre cun breve esbozo do panorama sociolingüístico da Galiza, seguido dunha descrición dos obxectivos e da metodoloxía empregada ao longo destas páxinas. Por seu turno, o capítulo 2 estabelece un marco teórico á volta das nocións de
“neofalantismo” e de “neofalante”, con base na evolución das diferentes correntes europeas, peninsulares e galegas no ámbito dos estudos sobre as linguas minoritarias e minorizadas. A seguinte sección examina e pondera as distintas definicións, tipoloxías e perfís de neofalantes, ben como a súa conexión coas ideoloxías e as actitudes relativas ao idioma galego.
Posteriormente, o capítulo 4 está consagrado á análise e subsecuente discusión dos datos das entrevistas semidirixidas e do grupo de discusión, dando, nomeadamente, unha atención especial ás razóns para aprender o idioma, ás identidades e ás ideoloxías, aos usos lingüísticos, e ao valor e á función das persoas neofalantes na sociedade galega. O traballo
finda con algunhas conclusións, que destacan o status sociolingüístico especial destas persoas neofalantes e a súa grande relevancia para a revitalización e a sobrevivencia da lingua galega.
Keywords
Galician language
Newspeakerness
New speaker
Native speaker
Minoritised languages
Active minority
Authenticity
Legitimacy
Lingua galega
Neofalantismo
Neofalante
Paleofalante
Linguas minorizadas
Minoría activa
Autenticidade
Lexitimidade
Newspeakerness
New speaker
Native speaker
Minoritised languages
Active minority
Authenticity
Legitimacy
Lingua galega
Neofalantismo
Neofalante
Paleofalante
Linguas minorizadas
Minoría activa
Autenticidade
Lexitimidade
Rights
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido