Recuperación medioambiental do río Monelos trala súa canalización na zona de Expo Coruña
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/19816Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Recuperación medioambiental do río Monelos trala súa canalización na zona de Expo CoruñaTítulo(s) alternativo(s)
Recovery of a stretch of the Monelos river, after its canalization after passing through Expo CoruñaAutor(es)
Data
2017Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e PortosDescrición
Traballo fin de grao (UDC.ETSECCP). Tecnoloxía da Enxeñaría Civil. Curso 2017/2018Resumo
[Resumo:] O río Mesoiro entorno ao cal se desenvolve o presente proxecto nace na parroquia de San Vicenzo de Elviña, preto do límite municipal entre A Coruña e Arteixo. Dende alí baixa hasta Feáns, recibindo o nome de rego de Beneirón. Logo continúa ata Mesoiro, chamándose neste treito rego de Campos. A partir de Mesoiro é coñecido como río Mesoiro e continúa o seu traxecto paralelo ó polígono de Pocomaco, sofrendo dúas pequenas canalizacións parciais durante este treito. A partir do polígono xa atópase totalmente canalizado baixo terra ata o peirao de San Diego, no porto da Coruña, onde desemboca. Este feito xera a necesidade potenciar a recuperación na medida do posíbel dos tramos que foron antropizados, tratando deste xeito de re naturalizar a canle. O proxecto que estamos a tratar, ten como o obxectivo a recuperación, en parte, do estado que presentaba a zona antano, mellorando a calidade urbanística da area obxecto de estudo. O proxecto resolve a problemática actual a través dunha actuación urbanística que permita desviar levemente a dirección do río canalizado, que actualmente transcorre embaixo da cidade permitindo que emerxa durante 75 m na zona onde se atopa Toys r us antes de Alfonso Molina para logo mergullarse baixo terra outra vez. Como resultado do estudo de alternativas definense os materiais e a xeometría do canal que levará a auga do río Monelos ou Mesoiro, e que así constitúe a recuperación de dito río. Conclúese a partir deste estudo que a solución máis adecuada para acadar os nosos obxectivos e facer un canal cuxa sección sexa trapezoidal con chan de inundación executada con muro krainer. O proxecto non só consiste en sacar a relucir o río, ate agora sepultado, senon tamén implicará a habilitación da area derredor, na que se planea facer un parque. Deste xeito sacarase un maior rendemento á inversión, e terá un impacto moito maior na sociedade.
Palabras chave
Cursos de auga
Cursos de agua
Obras hidráulicas
Cursos de agua
Obras hidráulicas
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido