Mellora do saneamento rural no sur do concello de Ordes

Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/19786Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Mellora do saneamento rural no sur do concello de OrdesTítulo(s) alternativo(s)
Improvement of rural subwage system in Ordes southAutor(es)
Data
2017Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e PortosDescrición
Traballo fin de grao (UDC.ETSECCP). Enxeñaría de Obras Públicas. Curso 2016/2017Resumo
[Resumo:] A parroquia de Santa Cruz de Montaos, pertencente o concello de Ordes, situada ao sur deste, conta cunha poboación na actualidade de 802 habitantes, agrupados en trece núcleos, concentrándose a meirande parte deles na contorna da estrada N550, a cal atravesa a parroquia de Norte a Sur. Na actualidade, o servizo de saneamento, explotado a modo de concesión por Espina y Delfín SL, consta de oito sistemas de saneamento independentes. Por unha banda, o núcleo de Guindiboo, situado o norte da parroquia, verte as suas augas residuais a unha rede de colectores que recolle estas augas para achegalas a unha estación de bombeo situada na parte baixa deste núcleo, para ser impulsada ao sistema de saneamento principal do concello, o cal trata estas augas na EDAR municipal de Ordes. No que atinxe os restantes sete sistemas de saneamento independentes, están formados por colectores que recollen as augas a sete puntos de tratamento distintos, o cal se realiza cun sistema compacto de depuración de Fosa Séptica + Filtro Biolóxico, para verter os seus efluentes a distintos cauces da rede hidrográfica, estando un destes cauces, en concreto o Río Cabrón, rexistrado na Rede Nautura 2000 na ZEPVN Río Tambre. Este sistema de tratamento incumple claramente coas esixencias de vertido ao medio natural impostas por Augas de Galicia. Así, despois da realización dun estudo de distintas solucións as deficiencias nos parámetros de vertido destes sete puntos, propoñense as actuacións descritas no presente proxecto, que consisten na implantación de catro estacións de bombeo de augas residuais, e a materialización de catro canlizacións a presión e dous colectores a gravidade, para centralizar o tratamento dos sete puntos de vertido citados anteriormente, e darlle un tratamento acorde coas esixencias de vertido mediante a construcción de unha Estación Depuradora de Augas Residuais. Esta proxectase en torno a un tratamento secundario de biodiscos, tomando como filosofía a simplificación máxima de explotación asi como uns custes de explotación o máis reducidos posible.
Palabras chave
Depuración de augas residuais
Depuración de aguas residuales
Enxeñaría sanitaria
Ingeniería sanitaria
Depuración de aguas residuales
Enxeñaría sanitaria
Ingeniería sanitaria
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido