Empoderamento de pacientes con Fibromialxia a través dunha intervención enfermeira con danza tradicional
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/19390Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Empoderamento de pacientes con Fibromialxia a través dunha intervención enfermeira con danza tradicionalAutor(es)
Director(es)
Darriba Rodríguez, PilarCobas Couto, Elvira
Data
2017Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de Enfermaría e PodoloxíaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FEP). Enfermaría. Curso 2016/2017Resumo
[Resumen] A Fibromialxia é unha síndrome crónica, de etioloxía descoñecida, de evolución complexa e variable, que provoca unha dor músculo – esquelética xeralizada cunha gran variedade de posibles síntomas acompañantes como alteracións do sono, depresión, fatiga e alteracións cognitivas que poden alterar a calidade de vida do paciente. Afecta ás esferas biolóxica, psicolóxica e social do paciente e é un problema importante de saúde pola súa prevalencia, morbilidade, alto índice de frecuentación sanitaria e o elevado consumo de recursos.
Neste estudo tratamos de comprobar, dende o enfoque da promoción da saúde e da teoría de Nola J.Pender, se unha intervención enfermeira baseada na danza tradicional pode mellorar o compromiso cun estilo de vida saudable en persoas con Fibromialxia.
Respecto da metodoloxía proxéctase unha investigación cunha abordaxe mixta. Desde a perspectiva cuantitativa, realizarase un estudo experimental dirixido a probar a eficacia dunha intervención enfermeira con danza tradicional na mellora de elementos como a autoeficacia e a autoestima que son favorecedores dun compromiso cun estilo de vida saudable, e desde a cualitativa analizarase se esta intervención permite mellorar o afrontamento destas persoas respecto da súa patoloxía. [Abstract] Fibromyalgia is a chronic syndrome of unknown etiology with a complex and variable evolution that causes generalized musculoskeletal pain with a wide variety of possible accompanying symptoms such as sleep disturbances, depression, fatigue and cognitive alterations that can alter the patient’s quality of life. It affects the biological, psychological and social spheres of the patient and is a major health problem due to its prevalence, morbidity, high disease rate and high consumption of resources.
In this study, we try to verify, from the health promotion approach and the theory of Nola J. Pender, if a nurse intervention based on traditional dance can improve the commitment to a healthy lifestyle in people with fibromyalgia.
Regarding the methodology, a research with a mixed approach is proposed. From a quantitative perspective, an experimental study will be adressed to test the effectiveness of a traditional dance nurse intervention in improving elements such as self-efficacy and self-esteem that are conducive to a commitment to a healthy lifestyle; and from the qualitative, it will be analyzed if this intervention allows improving the confrontation of these people regarding their pathology.
Palabras chave
Fibromialxia
Estilo de vida
Danza
Empoderamento
Afrontamento
Autocoidado
Fibromyalgia
Lifestyle
Dancing
Empowerment
Coping
Self care
Estilo de vida
Danza
Empoderamento
Afrontamento
Autocoidado
Fibromyalgia
Lifestyle
Dancing
Empowerment
Coping
Self care
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido