Avaliación da calidade da auga dunha cunca agroforestal
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/14840Coleccións
- Bioloxía, Grao en [439]
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Avaliación da calidade da auga dunha cunca agroforestalTítulo(s) alternativo(s)
Evaluación de la calidad del agua de una cuenca agroforestalEvaluation of water quality of an agroforestry catchment
Autor(es)
Director(es)
Lado Liñares, MarcosVidal Vázquez, Eva
Data
2015Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de CienciasDescrición
Traballo fin de grao (UDC.CIE). Bioloxía. Curso 2014/2015Resumo
[Resumo] O obxectivo deste estudo foi analizar a variación da concentración de catro catións no río Valiñas, nunha cunca agroforestal con solos formados a partir de granitos e esquistos. Recolléronse un total de 887 mostras durante dez anos, no peche da cunca, despois dos eventos de precipitación. A concentración dos macronutrientes (Ca2+, Mg2+, K+, Na+) foi medida mediante ICP-MS. Esta variación da concentración foi comparada con datos do fluxo do río, obtidos polo modelo hidrolóxico GIS-BALAN. Os resultados mostran que o caudal do río Valiñas, está directamente relacionado coas precipitacións, e que existe unha relación estacional entre o caudal e a concentración dos catro catións de estudo: a concentración aumenta mentres que o caudal diminúe. As concentracións de potasio mantéñense en niveles elevados durante o verán do 2008, con valores que duplican os valores habituais; probablemente isto se deba a unha fonte de contaminación difusa, relacionada coa agricultura, pola fertilización dos campos con xurro. O parámetro que mellor describe os cambios na concentración dos catións ó longo dos dez anos de estudo é a contribución do fluxo subterráneo ó fluxo total, o que indica que a gran maioría dos catións derivan da meteorización das rochas da cunca. A pesar da variación da concentración dos catións, o caudal é o parámetro principal que determina a cantidade total de catións exportados dende a cunca. [Abstract] The purpose of this study was to analyze the variation of cation concentrations in the Valiñas River, in an agroforestry catchment with soils developed on granites and schists. A total number of 887 water samples were collected over a period of ten years, at the outlet of the catchment and after events of precipitation. Major cations (Ca2+, Mg2+, K+, Na+) concentrations were measured by means of ICP-MS. The variations in concentrations were analyzed using river flow data generated by the hydrological model GIS-BALAN. The results show that the flow in the Valiñas River is directly related to the rainfall amount, and that there is a seasonal relation between flow and the concentrations of the four studied cations: concentrations increase as streamflow decreases. Potassium concentrations appeared unusually high during summer 2008, with values twice as high as those found during the other studied summers, probably resulting from a non-point pollution source related to agricultural practices involving the disposal of slurry. The parameter better describing changes in cation concentrations along the year is the contribution of aquifer flow to total flow, which indicates that most of the cations are originated from the meteorization of the rocks of the catchment. Despite the variations of cation concentrations, water flow is the main parameter that determines the total amount of cations exported from the watershed.
Palabras chave
Aguas
Contaminación
Cationes
Contaminación
Cationes
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido