Perspectivas ao final da vida: sedación paliativa
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/14587Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Perspectivas ao final da vida: sedación paliativaAutor(es)
Director(es)
Maseda Rodríguez, Ana BelénData
2015-02-12Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de Ciencias da SaúdeDescrición
Traballo fin de mestrado (UDC.FCS). Xerontoloxía. Curso 2014/2015.Resumo
[Resumo] Introdución: o envellecemento poboacional condiciona o incremento da esperanza de vida e do número de persoas que viven máis anos con enfermidades crónicas e en estadíos terminais, polo que é necesario poder aliviar á persoa que está sufrindo, mediante sedación paliativa. Pódese empregar se existen un ou máis síntomas refractarios a outros tratamentos, de natureza física ou espiritual, podendo administrarse en modalidade intermitente ou continua, non acurtando en ningún caso a esperanza de vida. Material e métodos: busca de textos que conteñan palabras relacionadas coa sedación paliativa no título e/ou resumo. Límites da busca: palabras clave no título e/ou resumo; realizados en inglés ou español; realizados con humanos de 65 ou máis anos; publicación 2004 - 2014; publicados en revistas incluídas no Journal Citations Report (JCR). Resultados e Discusión: a sedación paliativa é unha práctica ética na que se ven implicados o paciente, os seus achegados, e o equipo multidisciplinar. Os principios activos principais a empregar son o Midazolam e Levomepromacina. Os coidados que se lle proporcionan ás persoas que se atopan nesta situación perseguen o obxectivo de proporcionarlle comodidade e calidade de vida, polo que se evitan as manobras invasivas e procedementos que non concorden con este fin. Conclusións: trátase dunha práctica que se segue comparando coa eutanasia, aínda sendo diferente. Existe controversia acerca do seu efecto sobre a esperanza de vida e a nutrición artificial durante a terapia de sedación. Os datos recollidos amosan unha posición favorable cara esta terapia. [Abstract] Introduction: the population aging determines the increase on life expectancy and the number of people who lives longer suffering from chronic diseases and in terminal situations, which makes necessary the fact that they can be released, by means of palliative sedation. It can be applied if there is one or more refractory symptoms, of natural or spiritual nature, and it can be administered on its intermitent or continuous modality, not shortening, in any case, the persons’ life expectancy. Material and methods: search of texts wich contain words related to palliative sedation on the elderly on its title or summary. Search limits; keywords on title and/or summary; english or spanish realization; made with humans 65 or more years old; published on 2004 – 2014; published on papers included on the Journal Citations Report (JCR). Results and Discussion: palliative sedation is an ethic practice wich includes the patient, his loved ones, and the multidisciplinary team. Midazolam and Levomepromazine are the main drugs used. Care employed with people on palliative situation follows the objective of providing comfort and quality of life, that’s why invasive procedures, and that ones which don’t agree with purpose, may be avoided. Conclusions: palliative sedation is still being compared with euthanasia, even when it’s not the same thing. There is contriversy concerning it’s effect on the life expectancy and the artificial nutrition during sedation therapy. Results of the review show a favorable position towards this therapy.
Palabras chave
Coidado paliativo
Terapéutica
Moderada
Profunda
Anestesia e analxesia
Palliative care
Therapeutics
Moderate
Deep
Anesthesia and analgesia
Terapéutica
Moderada
Profunda
Anestesia e analxesia
Palliative care
Therapeutics
Moderate
Deep
Anesthesia and analgesia
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido