Discapacidade intelectual e avellentamento
Use this link to cite
http://hdl.handle.net/2183/14456Collections
- GI-GIGG - Artigos [113]
Metadata
Show full item recordTitle
Discapacidade intelectual e avellentamentoDate
2003Citation
Millán Calenti JC, López-Rey MJ, Quintana-Mirón J, Meleiro-Rodríguez L. Discapacidade intelectual e avellentamento. 2003;7:21-28.
Abstract
[Resumo] Destacan os autores en termos xerais a pouca atención que os investigadores
prestaron ó colectivo de poboación maior con deficiencia mental. Os esforzos
na actualidade dos traballos de investigación sobre o envellecemento van encamiñados
a “engadir vida ós anos, máis que engadir anos a vida”. O proceso de
avellentamento dase nun seno familiar raras veces axeitado a esta circunstancia,
e con carencias importantes nos sistemas de apoio. Pretendese que no futuro as
persoas con discapacidade intelectual vivan máis anos e poidan gozar da súa
ancianidade con maior dignidade e con maiores cotas de saúde e benestar.
Na actualidade non existen en Galicia centros especializados para atender
a estas persoas con discapacidade intelectual engadida o proceso de avellentamento.
Por outra banda, os centros xeriatricos non poden acollelos ata
que teñan os 60 anos, cando este colectivo xa presenta problemas de ancianidade
arredor dos 45 anos. Asimesmo os centros xeriatricos non están deseñados
para persoas con discapacidade. Polo tanto compre dar resposta a esta
nova demanda de persoas que teñen unha esperanza de vida cada vez maior.