Prevención da sarcopenia mediante técnicas de vibración: revisión bibliográfica
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/14453Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Prevención da sarcopenia mediante técnicas de vibración: revisión bibliográficaAutor(es)
Director(es)
Millán-Calenti, José Carlos.Data
2014Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de Ciencias da SaúdeDescrición
Traballo fin de mestrado (UDC.FCS). Mestrado Universitario en Xerontoloxía. Curso 2013/2014.Resumo
[Resumo] Neste traballo realízase unha revisión dos principais estudos realizados con persoas maiores centrados nos efectos das vibracións sobre o sistema músculo esquelético, unha revisión dos métodos diagnósticos utilizados para a definición da sarcopenia, así como a conseguinte carga asistencial que provoca. A sarcopenia é un síndrome xeriátrico frecuente e importante para a práctica clínica diaria dos profesionais que traballan con persoas maiores. A porcentaxe do número de persoas maiores afectadas, aínda que non exacto, é moi elevado, facendo da sarcopenia un dos síndromes xeriátricos con máis impacto sobre a saúde pública e o custe sanitario. O uso das plataformas vibratorias vaise estendendo progresivamente en centros xeriátricos para o adestramento das persoas maiores. Os estudos centrados nos efectos do adestramento con vibracións recomendan este modo de exercicio como unha alternativa terapéutica para a prevención e mellora da sarcopenia, a pesares de que aínda hoxe non están ben definidos os mecanismo fisiolóxicos involucrados, nin os parámetros de vibración máis adecuados para alcanzar os máximos beneficios. Non é polo tanto sorprendente que a investigación neste campo estea medrando exponencialmente nos últimos anos e que a sarcopenia se colocara no primeiro plano de interese xeriátrico e xerontolóxico. [Abstract] This paper reviews the main studies focusing on the effects of vibration on the musculoskeletal system in older people and presents methods for the definition of sarcopenia, and the care burden that it causes. Sarcopenia is a common and important syndrome for daily clinical practice of the professionals who work with seniors. The percentage of older people affected, although not exact, discloses that the sarcopenia is one of the geriatric syndromes more impact on public health and health costs. The use of vibration platforms is gradually spreading in geriatric training centers for the elderly. Studies focusing on the effects of vibration training recommend this mode of exercise as a therapeutic alternative for the prevention and improvement of sarcopenia, although they are still not well defined physiological mechanisms involved, nor the most appropriate vibration parameters to achieve maximum benefits. It is not therefore surprising that research in this field is growing exponentially in recent years and that sarcopenia is placed on the forefront of geriatric and gerontological interest.
Palabras chave
Sarcopenia
Tratamento
Persoas maiores
Vibración
Carga asistencial
Tratamento
Persoas maiores
Vibración
Carga asistencial
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido