Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorPalacios-Aguilar, José
dc.contributor.advisorPazos Couto, José María
dc.contributor.authorRodríguez Fernández, José Eugenio
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Departamento de Educación Física e Deportivaes_ES
dc.date.accessioned2013-11-08T11:18:45Z
dc.date.available2013-11-08T11:18:45Z
dc.date.issued2013
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/11564
dc.description.abstract[Resumen] O traballo de investigación recolle as particularidades da práctica do xogo dos bolos no concello de Boiro (A Coruña), o único municipio da provincia onde na actualidade se mantén vivo este xogo popular e tradicional, un dos máis practicados en todo o mundo nas súas diferentes modalidades e variantes. A primeira parte do estudo recolle a presentación global do traballo, os aspectos motivacionais que levaron ao autor a desenvolver a investigación neste campo, a súa xustificación e os antecedentes e estado da cuestión, onde na revisión bibliográfica realizada extraeuse que as referencias ao xogo dos bolos en Boiro era nulas. Na segunda parte faise referencia ao marco teórico do estudo, analizando as virtudes do xogo e concretando máis nun tipo particular deles: os xogos e deportes populares e tradicionais. Dentro do amplo abano de destes xogos, profundízase nun deles, o xogo dos bolos, facendo un percorrido pola historia e evolución en España, concretando máis o estudo na CCAA de Galicia. Realízase un estudo detallado nas catro provincias galegas e, sobre todo, no concello de Boiro. Na terceira parte, logo de contextualizar o lugar onde se realizou o estudo, expóñense os obxectivos da investigación e as características do deseño e estratexias metodolóxicas empregadas para a obtención de datos. Unha metodoloxía cualitativa, que emprega como principais ferramentas a entrevista individual, o cuestionario e a observación directa, recolle as características do xogo dos bolos en Boiro, analizando as causas que motivaron o seu paulatino decaemento ata a actualidade e establecendo propostas para a súa recuperación e conservación, análise na que interveñen antigos xogadores, técnicos deportivos municipais, políticos locais, técnicos dos medios de comunicación con maior difusión na bisbarra, mestres de Educación Primaria (especialistas en Educación Física) e profesores de Educación Secundaria (especialistas en Educación Física). Elabórase o primeiro regulamento do xogo, guía pola que actuais e futuros xogadores se poden basear e co que se garante o seu coñecemento no caso de que a tradición oral chegue a perderse. Remata o estudo coas principais conclusións, propostas, referencias bibliográficas empregadas e anexos.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido desta tese a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo da tese como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de esta tesis a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen de la tesis como a su contenidoes_ES
dc.subjectBoloses_ES
dc.subjectJuegoses_ES
dc.titleO estudo do xogo dos bolos en Boiro : aspectos históricos, estado actual de práctica e perspectivas de futuroes_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/doctoralThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem