Levar a poesía á rúa. As Edicións do Dragón na traxectoria de Paco Souto e no sistema poético galego dos 90

UDC.coleccionDocencia
UDC.tipotrabTFG
UDC.titulacionGrao en Galego e Portugués. Estudos Lingüísticos e Literarios
dc.contributor.advisorLourido, Isaac
dc.contributor.authorVarela Pena, Carla
dc.date.accessioned2026-06-02T07:08:23Z
dc.date.available2026-06-02T07:08:23Z
dc.date.issued2025
dc.description.abstract[Resumo] O presente traballo consiste nunha análise da traxectoria do poeta Paco Souto e da súa implicación no proxecto editorial das Edicións do Dragón (a partir de agora, ED), o cal tamén será albo de estudo para determinar a súa repercusión nos campos literario e editorial galegos. Así, foron estabelecidos os seguintes obxectivos: 1) Reconstruír o percorrido literario, cultural e político de Paco Souto e avaliar a súa relevancia no sistema literario galego contemporáneo; e 2) Coñecer en profundidade o proxecto das ED para identificar as súas funcións e avaliar a súa influencia tanto na traxectoria de Paco Souto como no sistema literario galego de finais do século XX. Canto á metodoloxía, aplicamos unha focaxe de tipo sistémico que nos permitiu inferir a posición periférica ocupada tanto polo autor como polo proxecto editorial no seu momento, así como a súa posterior marxinación no cánone. Esta mesma metodoloxía posibilitounos reconstruír a traxectoria poética de Paco Souto e, a partir dunha base documental e dunha perspectiva analítica, presentamos as condicións institucionais da editora, os axentes que nela participaron e unhas liñas fundamentais dos seus repertorios. O traballo foi estruturado da seguinte forma: primeiro, partindo dos estudos previos, expúxose o estado da cuestión, isto é, o coñecemento construído que existe sobre Paco Souto e sobre as ED. A seguir, dedicouse un capítulo a abordar a traxectoria do autor no sistema cultural galego en que se atendeu tanto á súa produción poética como á súa implicación política e cultural. Finalmente, presentouse unha análise das ED a partir da descrición pormenorizada de cada un dos volumes publicados. Estes procesos permitíronnos obter varias conclusións. Por unha parte, observamos a clara implicación de Paco Souto no mundo cultural galego e en determinadas causas sociais, pois o autor concibía a poesía como un poderoso instrumento de cambio que pretendía achegar ao pobo e levar á rúa. Por outra parte, puidemos corroborar o papel central desenvolvido por Paco Souto na creación e desenvolvemento das ED. Finalmente, tamén constatamos a notábel repercusión que as ED exerceron nos campos literario e editorial posteriores, especialmente no ámbito da poesía, así como o relevante espazo que conformou para voces poéticas noveles que serían recoñecidas pola crítica como integrantes da poesía dos 90.
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e Portugués: Estudos Lingüisticos e Literarios. Curso 2024/2025
dc.identifier.urihttps://hdl.handle.net/2183/48475
dc.language.isoglg
dc.rightsOs titulares dos dereitos de autor autorizan a visualización do contido desta obra a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da obra como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.
dc.rights.accessRightsopen access
dc.subjectLiteratura galega contemporánea
dc.subjectPaco Souto
dc.subjectEdicións do Dragón
dc.subjectEdición galega
dc.subjectPoética
dc.subjectCultura galega
dc.subjectPoesía dos 90
dc.titleLevar a poesía á rúa. As Edicións do Dragón na traxectoria de Paco Souto e no sistema poético galego dos 90
dc.typebachelor thesis
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublicationad264614-6aee-4a33-b482-b5e1e297b077
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscoveryad264614-6aee-4a33-b482-b5e1e297b077

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
VarelaPena_Carla_TFG_2025.pdf
Size:
3.45 MB
Format:
Adobe Portable Document Format