Na procura do recomezo: unha achega á obra A falência de Júlia Lopes de Almeida
| UDC.coleccion | Traballos académicos | es_ES |
| UDC.tipotrab | TFG | es_ES |
| UDC.titulacion | Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios | es_ES |
| dc.contributor.advisor | Martínez Pereiro, Carlos Paulo | |
| dc.contributor.author | Mazás Pereiro, Elvira | |
| dc.contributor.other | Universidade da Coruña. Facultade de Filoloxía | es_ES |
| dc.date.accessioned | 2023-11-10T08:32:09Z | |
| dc.date.available | 2023-11-10T08:32:09Z | |
| dc.date.issued | 2023 | |
| dc.description.abstract | [Resumo] Desafortunadamente esquecida pola crítica, Júlia Lopes de Almeida é considerada unha das primeiras mulleres novelistas do Brasil. Autora con influencia, autoridade e prestixio na súa época, na actualidade foi vítima dun silenciamento case total, aínda que a nova crítica feminista, especialmente, está a recuperar, paulatinamente, o seu nome e a súa obra. O obxectivo principal deste traballo é realizar unha achega á obra que consideramos o apoxeo máximo da súa produción literaria, A falência, publicada no ano 1901. Con todo, centrarémonos en varios aspectos que consideramos os máis importantes, os que estruturan e fan evolucionar este destacado romance. Ao longo deste estudo, situaremos os acontecementos históricos máis significativos para poder enmarcar a obra, tendo en conta que este romance está ambientado no ano 1891 e, polo tanto, terá trazos fieis á realidade histórica do Brasil de fins do XIX. Deste xeito, entenderemos o crecemento da industria cafeeira, a mudanza cara á República, a escravitude e veremos a importancia que estes sucesos tiveron no país, así como a súa proxección na obra. Para alén disto, analizaremos a posición das mulleres, os roles que cumprían, os espazos que tiñan reservados e a sociedade patriarcal na que vivían, para así entendermos a actuación das personaxes femininas no romance. A seguir, explicaremos as diversas interpretacións que retiramos do título da obra, pois entendemos que, ademais da ruína da empresa do protagonista, existen outros significados agochados. O casamento, o adulterio e o suicidio van funcionar como eixos vertebradores do romance e, a través deles, poremos de manifesto a ampla e sólida perspectiva crítica que mostra a autora durante toda a obra: desde a reprobación e o xuízo aos homes escritores que condenan ás súas personaxes femininas a seren as culpables de todo, até o desenlace da obra, onde a protagonista se agrupa co resto de mulleres nun novo recomezo. | es_ES |
| dc.description.traballos | Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2022/2023 | |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/2183/34140 | |
| dc.language.iso | glg | es_ES |
| dc.rights | Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido | es_ES |
| dc.rights.accessRights | open access | es_ES |
| dc.subject | Lopes de Almeida, Júlia | es_ES |
| dc.subject | Novela brasileira | es_ES |
| dc.subject | A falência | es_ES |
| dc.subject | Escritoras | es_ES |
| dc.subject | Personaxes femininas | es_ES |
| dc.title | Na procura do recomezo: unha achega á obra A falência de Júlia Lopes de Almeida | es_ES |
| dc.type | bachelor thesis | |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAdvisorOfPublication | b22ceca3-a7c8-4731-afe8-7523414fe925 | |
| relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery | b22ceca3-a7c8-4731-afe8-7523414fe925 |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- Mazas_Pereiro_Elvira_2023_procura_recomezo.pdf
- Size:
- 532.34 KB
- Format:
- Adobe Portable Document Format
- Description:

