Na procura do recomezo: unha achega á obra A falência de Júlia Lopes de Almeida

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Mazás Pereiro, Elvira

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Facultade de Filoloxía

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] Desafortunadamente esquecida pola crítica, Júlia Lopes de Almeida é considerada unha das primeiras mulleres novelistas do Brasil. Autora con influencia, autoridade e prestixio na súa época, na actualidade foi vítima dun silenciamento case total, aínda que a nova crítica feminista, especialmente, está a recuperar, paulatinamente, o seu nome e a súa obra. O obxectivo principal deste traballo é realizar unha achega á obra que consideramos o apoxeo máximo da súa produción literaria, A falência, publicada no ano 1901. Con todo, centrarémonos en varios aspectos que consideramos os máis importantes, os que estruturan e fan evolucionar este destacado romance. Ao longo deste estudo, situaremos os acontecementos históricos máis significativos para poder enmarcar a obra, tendo en conta que este romance está ambientado no ano 1891 e, polo tanto, terá trazos fieis á realidade histórica do Brasil de fins do XIX. Deste xeito, entenderemos o crecemento da industria cafeeira, a mudanza cara á República, a escravitude e veremos a importancia que estes sucesos tiveron no país, así como a súa proxección na obra. Para alén disto, analizaremos a posición das mulleres, os roles que cumprían, os espazos que tiñan reservados e a sociedade patriarcal na que vivían, para así entendermos a actuación das personaxes femininas no romance. A seguir, explicaremos as diversas interpretacións que retiramos do título da obra, pois entendemos que, ademais da ruína da empresa do protagonista, existen outros significados agochados. O casamento, o adulterio e o suicidio van funcionar como eixos vertebradores do romance e, a través deles, poremos de manifesto a ampla e sólida perspectiva crítica que mostra a autora durante toda a obra: desde a reprobación e o xuízo aos homes escritores que condenan ás súas personaxes femininas a seren as culpables de todo, até o desenlace da obra, onde a protagonista se agrupa co resto de mulleres nun novo recomezo.

Description

Editor version

Rights

Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido