Da investigación á formación de profesorado de secundaria a través de tres proxectos en torno á educación para a cultura da sustentabilidade
Use this link to cite
http://hdl.handle.net/2183/38574
Except where otherwise noted, this item's license is described as Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
Collections
Metadata
Show full item recordTitle
Da investigación á formación de profesorado de secundaria a través de tres proxectos en torno á educación para a cultura da sustentabilidadeAuthor(s)
Date
2018Citation
Callejas, G. V., SEPA-interea, G. I., i Pérez, K. M. B., Diez, A. P., & Núñez, M. B. (2018). Da investigación á formación de profesorado de secundaria a través de tres proxectos en torno á educación para a cultura da sustentabilidade. In Conectando redes. La relación entre la investigación y la práctica educativa. Simposio REUNI+ D y RILME (pp. 842-856). Grupo de Investigación Stellae.
Abstract
[Resumen] O propósito desta comunicación é presentar a traxectoria trazada a través de tres
proxectos que vinculan a investigación básica e aplicada coa formación de profesorado
de educación secundaria en Galicia e República Dominicana en torno á cultura da
sustentabilidade e a cooperación. Neste sentido, descríbese a relación temporal e
metodolóxica entre os proxectos de Cultura da Sustentabilidade e Cooperación ao
Desenvolvemento (CSC), Cultura da Sustentabilidade e Formación do Profesorado
(+COMUNIDADE) e os Procesos Educativos para a Transición a unha Cultura da
Sustentabilidade (ALIANZA TERRA), inscritos no marco epistemolóxico e axiolóxico da
Educación Transformadora e a Cultura da Sensibilidade e a Cooperación. De xeito máis
detallado, afóndase na caracterización e presentación de obxectivos, metodoloxía e
resultados obtidos ata o momento no último proxecto (Alianza Terra).
O proxecto ALIANZA TERRA caracterízase por ser unha proposta innovadora e complexa
que pretende dar resposta a nivel escolar ás problemáticas sociais e ambientais que
843
singularizan o noso tempo, caracterizado por un contexto de crise socio-ambiental e,
en consecuencia, de humanidade. Unha situación que polo seu alcance e significado
global tamén incumbe ás comunidades locais emprazadas en Galicia e a República
Dominicana, especificamente nos centros de educación secundaria. Neste contexto
temporal, espacial e circunstancial, ALIANZA TERRA oriéntase a dúas cuestións centrais:
a primeira, a dinamización de procesos de creación de coñecemento que dean lugar a
propostas pedagóxicas innovadoras e á produción de materias didácticos que sirvan
para educar nos institutos sobre a cultura da sustentabilidade e a cooperación; a
segunda, a formación do profesorado e do colectivo de estudantes de secundaria na
análise, resposta e transformación de valores, actitudes e comportamentos cara á
mellora das relacións entre os seres humanos e destes coa natureza
Keywords
Cultura da Sustentabilidade
Educación para o Desenvolvemento
Cooperación
Investigación-Acción
Educación Secundaria
Educación para o Desenvolvemento
Cooperación
Investigación-Acción
Educación Secundaria
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
ISBN
978-84-09-05212-7