Xulio Sigüenza: un poeta entre a patria e a paisaxe
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/34451Colecciones
Metadatos
Mostrar el registro completo del ítemTítulo
Xulio Sigüenza: un poeta entre a patria e a paisaxeAutor(es)
Directores
López, Teresa (1964-)Fecha
2023Centro/Dpto/Entidad
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescripción
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2022/2023Resumen
[Resumo] O obxectivo do traballo é recuperar e mostrar a importancia da figura de Xulio Sigüenza (A Coruña, 1898 - Vigo, 1965), xornalista, poeta, novelista, ensaísta e membro da Real Academia Galega, e da súa produción escrita en galego, normalmente ignoradas ou esquecidas pola crítica e polo público. Máis concretamente, a finalidade deste estudo é examinar a poética creada polo galeguista durante unha fértil década para el, que comeza coa publicación dos seus primeiros poemas na revista Galicia (A Habana, 1918-1820), de evidente orientación nacionalista, e conclúe coa impresión do seu único poemario en galego, Cantigas e verbas ao ar (1928), incluído dentro da tradición hilozoísta.
Para comezar, serán recompilados algúns datos biobibliográficos do autor emigrado para destacar tanto o seu activismo para o desenvolvemento cultural e político da Galiza como o seu extenso legado literario, que deixa máis de media ducia de obras. Após presentar a súa traxectoria, examinarase de forma cronolóxica o marco estabelecido pola historiografía literaria para a poesía do período 1916-1936 e, en particular, para a vangarda hilozoísta co propósito de identificar os criterios utilizados para categorizar a obra e a figura de Xulio Sigüenza, normalmente ligado aos seguidores e admiradores de Amado Carballo. A seguir, serán analizados os poemas publicados polo autor herculino durante o período de 1918 a 1928, en que dá os seus primeiros pasos como escritor en lingua galega e sae do prelo a primeira edición de Cantigas e verbas ao ar.
Así, o groso do traballo será dividido en tres partes fundamentais en que se explorarán os dous grandes repertorios de Xulio Sigüenza: o patriótico e o paisaxístico. Inicialmente, será atendida a concepción que o autor fragua sobre Galiza nas súas primeiras e máis reivindicativas manifestacións, en que a historia, o espírito galego e a paisaxe se volven elementos fulcrais. En segundo lugar, será analizada a posterior orientación temático-ideolóxica e estética que o escritor herculino defende para a poesía galega a través de varias das súas publicacións ensaísticas: segundo el, cómpre unha renovación formal en que a paisaxe se coloque como principal protagonista. A seguir, partindo dos presupostos que fixou Arcadio López-Casanova (2001) para a definición e a análise retórico-estilística da imaxe, estudarase a variedade formal das imaxes hilozoístas que Sigüenza crea no seu poemario galego, así como os seus principais constituíntes: os corpos celestiais mesturados entre elementos asociados ao patrimonio galego (quer oficios, quer animais, quer construcións etc.). Isto permite ao poeta xerar imaxes dunha natureza esencialmente propia en tres momentos que orbitan ao redor da noite: o por do sol, a propia noite e o amencer.
Palabras clave
Literatura galega
Poesía galega
Sigüenza, Xulio
Paisaxe
Nacionalismo
Hilozoísmo
Poesía galega
Sigüenza, Xulio
Paisaxe
Nacionalismo
Hilozoísmo
Derechos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido