A morte en feminino: análise literaria da recreación teatral do pranto tradicional galego
![Thumbnail](/dspace/bitstream/handle/2183/34145/Seoane_Rebollo_Marta_2023_morte_feminino.pdf.jpg?sequence=4&isAllowed=y)
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/34145Colecciones
Metadatos
Mostrar el registro completo del ítemTítulo
A morte en feminino: análise literaria da recreación teatral do pranto tradicional galegoAutor(es)
Directores
Fernández Pérez-Sanjulián, CarmeFecha
2023Centro/Dpto/Entidad
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescripción
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2022/2023Resumen
[Resumo] O obxectivo deste traballo é estudar a inserción e utilización do pranto tradicional galego en
tres pezas teatrais da nosa literatura, coa finalidade de comprobar, e intentar demostrar, que este
motivo e a súa recreación serviron como fonte de inspiración a diversos autores en distintos
momentos da historia da literatura galega. Deste modo, o corpus textual co que traballamos
componse de A Contenda dos Labradores de Caldelas (1671) de Gabriel Feixoo de Araúxo, Os
vellos non deben de namorarse (1941) de Castelao e A noite vai coma un rio (1965) de Álvaro
Cunqueiro.
Para acadar o noso obxectivo optamos por dividir o traballo en dúas partes diferenciadas e
achegármonos ao estudo do pranto desde unha dupla perspectiva. En primeiro lugar, desde o
punto de vista antropolóxico, para o que acudimos a diversas fontes que documentaban esta
perspectiva. Así, prestamos atención ao funcionamento do pranto como medio para racionalizar
a dor provocada pola morte dun ser querido e que, como sinalan Marcial Gondar (1981) ou
Filgueira Valverde (1977), segue un esquema determinado. En segundo lugar, desde o punto de
vista literario, para o que fixemos unha revisión de textos que nos permitiu situar as primeiras
mostras do pranto literario na Antigüidade Clásica, unha tradición que se afianzou na Idade
Media e que sobreviviu como práctica popular até finais do século pasado.
Para alén diso, ao estudar a inserción do pranto tradicional galego en diversas pezas teatrais
quixemos atender tamén á súa dimensión teatral, é dicir, ás súas posibilidades de
performatividade, para o que fixemos un breve percurso por distintas manifestacións do pranto
que contemplan o espectáculo como un elemento estrutural. Desde as súas orixes esta práctica
leva consigo unha performatividade que os autores dos textos aquí analizados manteñen nas
súas obras.
Canto á análise literaria dos textos, cómpre mencionar que a realizamos atendendo,
simultaneamente, á súa estrutura, contido e forma. Así, en cada un dos textos cos que
traballamos prestamos atención á estrutura dos prantos, revisando se neles se encontraban os
elementos tradicionais e as distintas fases polas que este evoluciona. Tamén quixemos dar conta
de quen son os axentes e puidemos comprobar que, en todos os casos, se trata de mulleres, iso
si, con diferente grao de vinculación coa persoa defunta.
Por último, canto á análise do texto teatral afondamos nas súas posibilidades representativas,
nesa performatividade da que falamos anteriormente. A teatralidade do pranto, no texto teatral,
está latente a través das diversas indicacións que os autores inclúen nas súas pezas mediante
didascalias. A xestualidade e mais a música dan conta desa vontade de levar ás táboas unha
práctica funeraria tradicional que xa de seu ten moito de teatral.
Para concluírmos, podemos determinar que este traballo evidencia como ao longo do tempo se
mantivo vixente esta manifestación ritual, unha das máis arraigadas na cultura popular galega.
Tanto que chegou a se converter en materia literaria, de tal modo que autores de épocas diversas
consideraron necesaria a inclusión nas súas obras.
Palabras clave
Pranto
Práctica feminina
Morte
Recreación teatral
Análise literaria
Práctica feminina
Morte
Recreación teatral
Análise literaria
Derechos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido