Plataforma Loxística en Begonte
Ver/Abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/19875Colecciones
Metadatos
Mostrar el registro completo del ítemTítulo
Plataforma Loxística en BegonteTítulo(s) alternativo(s)
Logistics Platform in BegonteAutor(es)
Fecha
2017Centro/Dpto/Entidad
Universidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e PortosDescripción
Traballo fin de grao (UDC.ETSECCP). Tecnoloxía da Enxeñaría Civil. Curso 2017/2018Resumen
[Resumo:] O presente proxecto ten como obxecto o deseño dunha Plataforma Loxística na localidade de Baamonde, municipio de Begonte (Lugo) aproveitando as excelentes comunicacións debidas ao cruce das autovías A-6 e A-8 e a estrada nacional N-634. A actuación levarase a cabo en terreos públicos, cuxa titularidade deriva de proxectos anteriores. O concello de Begonte ten unha ubicación idónea para a instalación dunha plataforma loxística que poida servir de nó para as comarcas do nordeste de Galicia. A súa situación de Baamonde como nexo de vías de alta capacidade danlle unhas conexións extraordinarias, tanto a nivel intracomunitario como a nivel nacional. Está relativamente próxima aos principais núcleos de poboación da zona (Lugo, A Coruña, Ferrol e Santiago) así como aos portos estatais de A Coruña e Ferrol e os comunitarios de Cariño, Celeiro, Burela e Ribadeo, líderes en tráfico de mercadorías dos xestionados por Portos de Galicia. Esta potencialidade resultou en diversos proxectos, con unha gran importancia da loxística. Dar saída á inversión realizada na compra dos terreos e as comunicacións son as principais xustificacións para a construción da plataforma. Non obstante, dado o escaso carácter industrial da zona, optouse por un deseño austero, sen ocupar a totalidade dos terreos dispoñibles, no que se buscará facilitar a expansión de ser necesaria. A plataforma deseñouse seguindo os criterios do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG) do ano 2014, redactado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Contará con 120.000 m² de solo edificable repartido en 48 parcelas, 1 parcela de equipamentos sociais de 10.000 m², un Centro de Servicios ao Transportista de 34000 m² con aparcamento para camións de 216 prazas e zona de servicios, e zonas verdes.
Palabras clave
Construcións industriais
Construcciones industriales
Urbanización
Edificación
Construcciones industriales
Urbanización
Edificación
Derechos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido