Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación

Permanent URI for this communityhttps://hdl.handle.net/2183/6562

A Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación fundouse en 1997 a raíz da celebración do II Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía, cunha forte vocación interdisciplinar. Desde os seus comezos foi editada conxuntamente pola Universidade do Minho (Braga, Portugal) e a Universidade da Coruña. Recolle traballos de carácter empírico que estean realizados con rigor metodolóxico e que supoñan unha contribución ao desenvolvemento de calquera ámbito da Educación e da Psicoloxía. Tamén acolle traballos de natureza teórica, con preferencia para aqueles que se comprometan con cuestións críticas da investigación e discutan aspectos polémicos. 
No repositorio están recollidos os números publicados entre os anos 1997 e 2013 (Vol.1-21).

A Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación (ISSN 1138-1663) é continuada por: Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación (REIPE) (e-ISSN 2386-7418. DOI: https://doi.org/10.17979/reipe)

Browse