IV premio UDC sutentabilidade a traballos fin de grao e mestrado 2021
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/32364
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
IV premio UDC sutentabilidade a traballos fin de grao e mestrado 2021Autor(es)
Director(es)
Casares-Gallego, AmparoVega-Marcote, Pedro
Soto, Manuel
Data
2022Cita bibliográfica
Méndez Casal, L., Fiaño Salinas, C., Siaba Casais, S., Pérez Fernández, F., Suárez Naveira, S., Ballester Falcón, P., & Asatrya, J. (2022). IV premio UDC sutentabilidade a traballos fin de grao e mestrado 2021.
DOI: https://doi.org/10.17979/spudc.000015
Palabras chave
Sustentabilidade
Sostibilidade
Premio
Universidade da Coruña
Sustentabilidad
Sostenibilidad
Sustainability
Prize
University of A Coruna
Sostibilidade
Premio
Universidade da Coruña
Sustentabilidad
Sostenibilidad
Sustainability
Prize
University of A Coruna
Descrición
Recollemos nesta colección os sete traballos premiados no que foi a cuarta edición do
Premio UDC Sustentabilidade a Traballos de Fin de Grao e Mestrado, correspondente
ao ano 2021. A resolución desta convocatoria fíxose pública o 5 de xuño de 2022, Día
Mundial do Medio Ambiente.
Coa convocatoria destes premios búscase avanzar na sustentabilidade curricular, fortalecer
a vinculación co currículo do traballo en sustentabilidade nos centros da UDC e promover
a sensibilización e participación activa do estudantado. Trátase de recoñecer e potenciar
aqueles estudos e traballos que contribúen a un mellor coñecemento das medidas e prácticas
de sustentabilidade e á súa adopción no ámbito dos campus e os centros universitarios,
ou en promover o desenvolvemento sustentable no ámbito galego e o coñecemento e a
sensibilización sobre os problemas ecolóxicos globais e a educación ambiental.
Esta cuarta edición dos premios dirixiuse a traballos realizados no ano 2021. Presentouse
un total de 22 traballos, 16 de grao e 6 de mestrado, de 11 centros diferentes e de catro
das cinco grandes áreas de coñecemento. Seguindo os criterios da convocatoria, a
comisión avaliadora valorou a calidade da memoria publicable, a relación coa temática
da sustentabilidade e a orixinalidade dos traballos, así como a súa achega aos obxectivos
de desenvolvemento sustentable (ODS) da ONU e ao compromiso social da UDC, alén
da aplicabilidade dos estudos e as investigacións aos propios campus e centros da UDC.
A UDC vén desenvolvendo nos últimos anos un programa de mellora continua para
a sustentabilidade con base na Guía para a sustentabilidade na UDC (2011) e o Plan
estratéxico da UDC 2013-2020, e que está chamado a consolidarse coa posta en
práctica do novo Plan estratéxico 2022-20261. Este obxectivo incluíu a creación de
comités ambientais nos centros (programa Green Campus), a elaboración de diversos
plans sectoriais e iniciativas tales como as seguintes: a mellora da recollida separada
de residuos; a compostaxe de residuos orgánicos; o uso eficiente da enerxía e da auga;
o préstamo de bicicletas; a conservación e mellora da biodiversidade nos espazos do
campus; a promoción dun estilo de vida saudable ou o voluntariado ambiental.
A mellora na xestión dos residuos materializouse na implantación da recollida separada
intracentro dos biorresiduos (ademais do papel e a fracción seca ou os envases) en
varios centros e na consolidación do programa de compostaxe de residuos orgánicos
dos comedores2. Para o impulso da mobilidade sustentable, incorporáronse bicicletas
eléctricas ao servizo de préstamo existente, e xa no curso 2022-2023 ven de renovarse
o parque de bicicletas cun novo modelo de bicicleta dobrábel. O programa de eficiencia
enerxética e auto-produción de enerxía renovable contou con diversas actuacións
recentes3. Porén, 2022 presentouse como o ano do forte incremento dos prezos da
enerxía, o que fixo obrigatoria a adopción dun novo plan de aforro de enerxía4, cuxos
resultados se manifestarán no vindeiro 2023
Versión do editor
Dereitos
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional