FAQ sobre Dereitos de Autor

Podo depositar un documento xa publicado antes?

Depende do tipo de contrato de cesión de dereitos ao editor. Se se cederon os dereitos exclusivos non é posible, pero no acso contrario son moitas as editorais que permiten o depósito da versión do autor dos artigos que publican. Os pasos a seguir serían: en primeiro lugar consultar o contrato asinado coa editorial, caso de que non se localice o contrato pódese consultar ROMEO e DULCINEA, que listan as políticas das principais editoriais. Se ten dúbidas ao respecto pode contactar connosco en ruc@udc.es e intentaremos aclaralas.

Podo depositar un documento que elaborei xunto con outros autores?

Si, pero precisa ter o consentimento dos outros autores

Podo usar un documento depositado por min en RUC noutro sitio web?

Si, vostede é o autor e ten todos os dereitos sobre os documentos depositados en RUC.

Se usan un documento meu sen permiso que podo facer?

Póñase en contacto connosco en ruc@udc.es, estudiaremos o caso e intentaremos solucionalo.