Políticas do Repositorio Institucional da Universidade da Coruña (RUC)

Política de contidos e coleccións
Política de servizos
Política de datos
Política de metadatos
Política de depósitos
Política de edición, retención, substitución e eliminación de documentos
Política de preservación dixital
Política de soporte de formatos
Política de privacidade

Política de contidos e coleccións

O RUC é o repositorio dixital da Universidade da Coruña que ten como finalidade recoller, difundir e preservar os materiais produto da actividade docente e investigadora da Universidade e dos seus membros, así como outros fondos documentais e patrimoniais da institución.

O RUC recolle todo tipo de material científico e docente, sempre e cando cumpra as seguintes condicións:

O RUC está organizado en cinco grandes áreas, que chamamos comunidades. Estas cinco áreas divídense despois en subcomunidades que, á súa vez, conteñen coleccións, nas cales se atopan os documentos.

As comunidades do RUC son:

Investigación: recolle documentos creados polo persoal docente e investigador da UDC no seu labor de investigación, fundamentalmente artigos de revistas, pero tamén libros ou capítulos e relatorios presentados a congresos.

Para organizar o depósito dos documentos de investigación están creadas sub-comunidades, que son os espazos en que o persoal docente e investigador vai facer o depósito: grupos de investigación, unidades de investigación e institutos de investigación.

Cada comunidade alberga, ademais, distintas coleccións (artigos, actas de congresos, libros ou capítulos…) cun número ilimitado de documentos.

No caso dos artigos recoméndase publicar, se é posible, o post-print do autor ou o formato final publicado, aínda que tamén se admiten pre-prints.

Nesta comunidade atopamos ademais dúas coleccións con contidos especiais:

  1. Teses de doutoramento lidas na UDC desde febreiro do ano 2012, coa excepción das que estean suxeitas a cláusulas de confidencialidade (de acordo co RD 99/2011) e algunhas anteriores a esa data que os autores autorizaron a publicar no RUC.
  2. OpenAIRE (Open Access Infrastructure for Research in Europe): colección que contén as publicacións resultantes das investigacións financiadas pola Comunidade Europea no marco do 7PM e do programa Horizonte 2020. Estes documentos son recollidos por OpenAire.

Publicacións da UDC: recolle libros, revistas, congresos e cursos editados pola Universidade da Coruña.

Coleccións especiais: na actualidade atopamos a Colección Francisco Pillado Mayor, de temática teatral, formada por imaxes dixitalizadas de carteis e fotografías.

Traballos académicos: traballos de fin de carreira (TFC), de fin de grao ( TFG) ou de fin de máster (TFM) presentados polo alumnado da UDC e que foron seleccionados polas comisión académicas correspondentes. Esta comunidade está organizada en coleccións que se corresponden coas titulacións para as que se presentan os TFC, TFG ou TFM.

Docencia: materiais para docencia e obxectos de aprendizaxe creados polos profesores e investigadores da Universidade no seu labor docente.

Poderanse crear novas comunidades ou modificar as existentes para se axustar ás novas necesidades de depósito da propia institución e dos seus investigadores.

Pódense publicar documentos en calquera idioma.

Política de servizos

O equipo de persoas que traballan no RUC poñen a disposición dos usuarios da Universidade da Coruña estes servizos:

Política de datos

O RUC é un repositorio de acceso aberto e todos os rexistros conteñen o texto completo do documento, que se poderá ofrecer en acceso aberto inmediato ou cun embargo temporal.

O período de embargo vén determinado xeralmente porque o autor ten cedidos os dereitos de explotación sobre o documento e o titular destes establece unha data desde a publicación para poder ofrecer o documento en acceso aberto. Unha vez transcorrido este período de embargo o documento pasa a estar en acceso aberto para a consulta pública.

Os textos completos dos artigos que se atopen no RUC poderán usarse tendo en conta as condicións expresadas pola licenza CC atribuída ou, no caso de non a ter, de acordo co que indica a Lei de propiedade intelectual.

Política de metadatos

Os documentos do RUC están descritos con metadatos, que proporcionan a información mínima necesaria para identificar un recurso (título, autor etc.), describen o seu contido e formato e permiten a súa organización, recuperación, preservación e difusión. O RUC emprega o esquema de metadatos Dublin Core.

O RUC distribúe os metadatos cunha Licenza Creative Commons de Recoñecemento 4.0. Internacional, o que significa que poden ser reutilizados en calquera medio sen autorización, sempre que se recoñeza a súa orixe mediante a utilización do enderezo electrónico correspondente (URL) ou da ligazón ao rexistro de metadatos orixinal.

Esta licenza refírese exclusivamente aos metadatos asociados aos documentos depositados e en ningún momento substitúe ou altera as licenzas e os permisos específicos para cada un deles.

Política de depósitos

Quen pode depositar no RUC?

Todos os membros do persoal docente e investigador da Universidade da Coruña poden autoarquivar documentos de investigación no RUC.

O RUC permite que o persoal investigador da Universidade de Coruña deposite as súas publicacións previas á súa afiliación á Universidade de Coruña. No caso de que un/unha investigador/a deixase de traballar na Universidade de Coruña, o RUC manterá todas as publicacións dese/a autor/a presentes no repositorio ata a data.

Bolseiros predoutorais e posdoutorais da UDC poderán depositar as súas publicacións sempre que estean vinculados a algún grupo de investigación, unidade ou instituto e logo da autorización do responsable deste.

¿Como se pode facer o depósito?

O depósito de documentos no RUC pódese facer de tres formas:

Tanto no depósito en autoarquivo como en arquivo delegado é requisito que o/a autor/a do traballo lle conceda ao Repositorio unha licenza de distribución non exclusiva pola que autoriza o RUC a arquivar, difundir en aberto e preservar o dito traballo. Esta licenza non é incompatible con outros usos nin vías de difusión que o/a autor/a considere oportunos para a súa obra.

O texto da licenza é o seguinte:

Texto RUC

Política de edición, retención, substitución e eliminación de documentos

O RUC proporciona un acceso permanente a todos os documentos que se depositaron, xa que, o seu obxectivo é producir e desenvolver a memoria documental da investigación realizada pola comunidade científica da Universidade de Coruña polo que non se posibilita a eliminación de rexistros.

Non se permiten cambios nos documentos depositados máis aló de corrección de erros tipográficos, ortográficos ou de maquetación, e sempre coa debida solicitude argumentada.

Se un/unha investigador/a ou docente da UDC revisa substancialmente o contido dun traballo seu e desexa depositar unha nova versión, farase como un rexistro e un documento novos. Os administradores de RUC poderanlle axudar a enlazar ambas as versións do traballo e incluír información sobre que versión é a preferida. A política de RUC é conservar todas as versións dos traballos depositados.

Excepcionalmente, os administradores do RUC eliminarán, por petición do/a autor/a ou por iniciativa propia, os rexistros que:

No caso de que se detecte que se introduciu unha versión do documento distinta á que permite a editorial, retirarase inmediatamente e contactarase coa persoa autora do documento para solicitar unha versión que si permita o seu depósito.

Os documentos que sexan eliminados serán borrados totalmente da base de datos. Os metadatos dos arquivos eliminados tamén se borrarán.

Política de preservación dixital

O RUC garante o acceso perpetuo e a preservación dos seus contidos mediante o almacenamento en servidores seguros da Universidade e cumpre cos requisitos técnicos necesarios para garantir a interoperabilidade con outros sistemas de información.

O sistema ofrece as garantías de redundancia e fiabilidade e está sometido aos protocolos de renovación e seguridade habituais do Servizo de Informática da UDC.

O modelo de Open Archives Initiative permite a interoperabilidade co protocolo común de transmisión de metadatos OAI-PMH (Open Archive Initiative- Protocol for Metadata Harvesting). Este protocolo permite a recolección dos metadatos en diferentes plataformas e rastrexadores: Google Scholar, BASE e CORE entre outros.

Tamén se adapta a OpenAIRE compliant porque cumpre todos os requisitos de metadatos que marca a Unión Europea para poder realizar a revisión dos seus mandatos de publicación en acceso aberto.

Política de soporte de formatos

O RUC tenta soster o maior número posible de formatos, aínda que poden existir algúns non soportados polo software do Repositorio, Dspace, e que non se poden admitir.

Por razóns de accesibilidade e preservación dixital é recomendable que o formato presente estas características:

Un formato facilmente lexible no contorno web (como é o PDF) e o uso de formatos abertos como RTF, TIFF e JPG fronte a formatos propietarios (Word, GIF etc) incrementan a visibilidade dos documentos e garanten a preservación dixital a longo prazo.

O límite máximo establecido para un arquivo individual é 500 MB aproximadamente.

Política de privacidade

En virtude do artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e do artigo 11 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD), os datos persoais recollidos polo Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña (UDC) serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade, sendo os seus datos de contacto Rúa Maestranza 9, 15001 de A Coruña, teléfono 981167000, correo electrónico secretariaxeral@udc.es.

Os datos persoais entregados ao Servizo de Biblioteca da UDC pola persoa interesada serán tratados para a finalidade específica de activar o servizo personalizado de alertas e/ou recibir a autorización para depositar na comunidade de investigación da que formen parte. A base de lexitimación deste tratamento é o consentimento da persoa interesada (artigo 6 do RXPD), que entrega os seus datos con este fin. Todas as persoas que entren en contacto con estes datos coa citada finalidade cumprirán o deber de confidencialidade establecido no artigo 5 da LOPD.

Os datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumplir coa citada finalidade, e serán conservados atendendo aos prazos e criterios establecidos para cada caso concreto de acordo coa lexislación vixente. Os datos non serán transmitidos a terceiros a menos que exista consentimento previo da persoa interesada ou base legal para esa transmisión.

En calquera caso, a persoa interesada terá dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do tratamento. Tamén terá dereito a opoñerse ao citado tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poder público, a portabilidade dos seus datos. Así mesmo, terá dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfiles.

Tales dereitos poderanse exercer dalgunha das seguintes formas:

Así mesmo, as persoas interesadas terán dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).