III Premio UDC sustentabilidade a traballos fin de grao e mestrado 2020
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/29771
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
III Premio UDC sustentabilidade a traballos fin de grao e mestrado 2020Autor(es)
Director(es)
Casares-Gallego, AmparoVega-Marcote, Pedro
Soto, Manuel
Data
2021Cita bibliográfica
Oficina de Medio Ambiente. 2021. III Premio UDC sustentabilidade a traballos fin de grao e mestrado 2020, A Coruña. Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. ISBN: 978-84-9749-829-6. DOI: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497498296
Palabras chave
Sustentabilidade
Sostibilidade
Premio
Universidade da Coruña
Sustentabilidad
Sostenibilidad
Sustainability
Prize
University of A Coruna
Sostibilidade
Premio
Universidade da Coruña
Sustentabilidad
Sostenibilidad
Sustainability
Prize
University of A Coruna
Descrición
Recollemos nesta colección sete dos oito traballos premiados no que foi a terceira edición do Premio UDC Sustentabilidade a Traballos de Fin de Grao e Mestrado, correspondente ao ano 2020. A resolución desta convocatoria fíxose pública o 5 de xuño de 2021, Día Mundial do Medio Ambiente, e con ela a UDC celebrou a efeméride aínda no marco das restricións derivadas da alarma sanitaria da covid.
A convocatoria destes premios xurdiu dunha proposta recibida desde a Facultade de Ciencias da Educación no marco do programa internacional Green Campus, e que finalmente a Oficina de Medio Ambiente materializou. Con ela búscase avanzar na sustentabilidade curricular, fortalecer a vinculación co currículo do traballo en sustentabilidade nos centros da UDC e promover a sensibilización e participación activa do estudantado.
Esta terceira edición dos premios dirixiuse a traballos realizados no ano 2020. Presentouse un total de 29 traballos, 19 de grao e 10 de mestrado, de 11 centros diferentes e de catro das cinco grandes áreas de coñecemento (a ausente foi, neste caso, Arte e Humanidades). Cómpre salientarmos que, dado o carácter transversal da sustentabilidade, como xa pon de manifesto o programa Green Campus ao falar de «vinculación ao currículo», todas as áreas de coñecemento están chamadas a participar e son igualmente candidatas a estes premios.
Seguindo os criterios da convocatoria, a comisión avaliadora valorou a calidade da memoria publicable, a relación coa temática da sustentabilidade e a orixinalidade dos traballos, así como a súa achega aos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) da ONU e ao compromiso social da UDC, alén da aplicabilidade dos estudos e as investigacións aos propios campus e centros da UDC. Desexamos que esta iniciativa contribúa a manter e mellorar o pulo pola sustentabilidade na UDC.
Versión do editor
Dereitos
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
ISBN
978-84-9749-829-6