Ser muller en prisión: unha mirada dende as profesionais
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/29340Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Ser muller en prisión: unha mirada dende as profesionaisTítulo(s) alternativo(s)
Ser mujer en prisión: una mirada desde las profesionalesBeing a woman in prison: a view from female professionals
Autor(es)
Director(es)
Cruz López, LauraData
2021Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña.Facultade de Ciencias da EducaciónDescrición
Traballo fin de grao (UDC.EDU). Educación social. CursoCita bibliográfica
Romero Bouzas, Uxía Hadaly. (2021). Ser muller en prisión: unha mirada dende as profesionais. [Traballo de Fin de Grao. Universidade da Coruña]
Resumo
[Resumo] A teoría feminista serviu, entre outras moitas cousas, para poñer enriba da mesa a invisibilización que as mulleres sufrimos ao longo da nosa historia. Invisibilización que estivo presente ata non fai moito nas mulleres privadas de liberdade, e que se viu máis ou menos solucionada a nivel académico polas crecentes investigacións neste ámbito dende unha perspectiva de xénero. Porén, existe outro grupo de mulleres que, se ben non viven en prisión, pasan alí unha gran parte da súa vida e que seguen a ser ignoradas: as traballadoras, as profesionais, aquelas mulleres que coas súas accións traballan día a día pola inclusión das persoas privadas de liberdade.
Mediante unha análise bibliográfica e cinco entrevistas semiestruturadas, este traballo pretende ser un pequeno paso que permita arrincar da oscuridade a estas mulleres, recollendo as súas vivencias e experiencias, os seus obstáculos e dificultades aos que tiveron que facer fronte. Estes elemento servirán de eixo que vertebre e organice tódalas discriminacións que as mulleres sofren en prisión, independentemente do lado dos barrotes no que se sitúen. Porque ollar á prisión a través dunha mirada feminista significa, si ou si, darlles voz ás profesionais que nela traballan.
Palabras chave
Mulleres
Prisión
Discriminación
Profesionais
Prisión
Discriminación
Profesionais
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido