Os corvos dos sistemas familista e de xénero fronte á lenidade das avelaíñas amigas: Unha análise de Avelaíñas eléctricas

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Meléndrez Doval, Violeta

Other responsabilities

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] Avelaíñas eléctricas (2022), a primeira obra publicada de Sica Romero, é unha novela complexa cuxos xogos metaliterarios permiten múltiplas lecturas. As personaxes e liñas argumentais conducen a reflexións sobre o patriarcado, o sistema relacional en que se organiza a sociedade e a saúde mental. O obxectivo deste traballo consiste en realizar unha análise profunda sobre as repercusións dos sistemas familista e de xénero na forma de se relacionaren as personaxes tanto no eido interfamiliar como nas súas relacións de parella e amicais. Para máis, preséntanse estas últimas como alternativas con que fuxir das opresións destes construtos sociais. En relación co marco teórico, o traballo apóiase en obras relacionadas coa abolición da familia, a teoría dos afectos e o xénero, cuxa selección inclúe autorías como Sophie Lewis, Sara Ahmed, Judith Butler, Carme Adán, Lann Hornscheidt ou Marina Garcés. Estes e outros textos ofrecen unha perspectiva crítica sobre como os discursos hexemónicos moldean e oprimen a sociedade a través de estruturas de poder. Así, a análise deste traballo desenvólvese cunha perspectiva de xénero en que se mostra como a violencia patriarcal coloca os homes en situación de superioridade a respecto das mulleres, de tal forma que as someten desde o núcleo familiar e desde a propia infancia para repetiren ao longo das súas vidas o mesmo esquema binario, heteronormativo e monógamo de relacións en que se desenvolven situacións de control e violencias físicas e psicolóxicas. Ademais, estuda o silencio do ámbito privado nestas situacións e a capacidade do sistema familista para estabelecer unha débeda eterna con el en que as mulleres cargan con maiores responsabilidades e presións, mentres que aos homes se lles reserva o poder sobre elas. Alén disto, o último capítulo dedícase a explorar redes alternativas de coidados e afectos que permiten ás protagonistas liberarse en maior ou menor medida das opresións dos sistemas familista e de xénero, de tal forma que a amizade, a veciñanza ou mesmo nais e avoas alleas se converten no refuxio que a sociedade identifica coa familia. Desta análise conclúese que o sistema familista e de xénero son interdependentes e que ambos repercuten nas identidades das personaxes e na súa forma de se relacionaren consigo mesmas e coas súas redes. Así, ante as violencias derivadas destas situacións a novela presenta as amizades como grandes apoios
[Abstract] Avelaíñas eléctricas (2022), Sica Romero’s first published literary work, is a complex novel with metatextual games that allow for multiple lectures. The characters and plotlines lead to reflections about the patriarchy, the relational system in which society is organised and mental health. This work aims to offer an in-depth analysis of the family-centred and gender systems’ repercussions on the characters’ connections, both in the intra-family realm and in partnerships and friendships. Moreover, the latter relationships are presented as alternatives for escaping the oppressions of these social constructs. In relation to the theoretical framework, this work draws on studies related to family abolitionism, affect theory and gender. This selection includes authors such as Sophie Lewis, Sara Ahmed, Judith Butler, Carme Adán, Lann Hornscheidt and Marina Garcés. These and other texts offer a critical perspective on how hegemonic discourses shape and oppress society by means of their power structures. Thus, the analysis is conducted following a gender perspective that shows how patriarchal violence places men in a position of superiority over women, who are subjected from their childhood and through the nuclear family. The same binary is repeated throughout their lives creating a heteronormative and monogamous relational pattern in which situations of control, as well as physical and psychological violence, flourish. Furthermore, it studies the silence within the private realm in these situations and the capacity of the family-centred system to establish an eternal debt whereby women bear greater responsibilities and pressures, while men are reserved the power over them. In addition, the last chapter focuses on exploring alternative affective networks that allow the main characters to break, to a greater or lesser extent, with the oppressions of the family-centred and gender systems in a way that transform friends, neighbours and even other people’s mothers and grandmothers into the refuge society commonly identifies with family. From this analysis, it is concluded that the family-centred and gender systems are interdependent and that both of them ricochet on the characters’ identities and in their way of relating to themselves and to their affective network. Thence, before violence derives from these situations, the novel presents friendships as great support.

Description

Editor version

Rights

Os titulares dos dereitos de autor autorizan a visualización do contido desta obra a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da obra como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.