O discurso sobre a maternidade a través de tres ensaios galegos do século XXI : Maternosofía ou o embarazo da escritora primípara (2014), de Inma López Silva; Maternidade fóra de catálogo (2018), de Marga Tojo e Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza, de María do Cebreiro Rábade Villar

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] O presente Traballo de Fin de Mestrado (TFM) ten como obxecto de estudo a representación da maternidade en tres ensaios de autoras galegas contemporáneas que sitúan a experiencia materna no centro da súa reflexión: Maternosofía ou o embarazo da escritora primípara (2014) de Inma López Silva, Maternidade fóra de catálogo (2018) de Marga Tojo e Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza (2022) de María do Cebreiro Rábade Villar. O obxectivo fundamental da investigación consiste en examinar de que maneira se configura e se representa a experiencia materna neste corpus, que abrangue un período concreto do século XXI (2014-2022). Para tal fin, lévase a cabo unha análise detallada das obras mencionadas, estruturada nos tres capítulos centrais do traballo. Esta está dedicada, de maneira particular, na perspectiva desde a cal as autoras contribúen á desconstrución da cultura heteropatriarcal, entendida como un ámbito de conflito e tensión en relación cos postulados do feminismo. Canto á metodoloxía, o estudo parte dos principios do feminismo da diferenza e da igualdade, considerados fundamentais para a comprensión das formulacións das autoras sobre as decisións, vivencias e representacións vinculadas á maternidade, especialmente nos primeiros anos de vida da crianza e na súa inscrición tanto no debate público coma no literario. Neste marco, xustifícase a escolla do xénero ensaístico, entendido como o formato máis axeitado para outorgarmos protagonismo á voz persoal e reflexiva das escritoras, ao tempo que se afasta das convencións da ficción e posibilita a aparición de discursos críticos. A estrutura do traballo articúlase, tras a introdución, nun primeiro capítulo titulado “Estado da cuestión”, que revisa as principais achegas críticas anteriores a 2014 e serve de marco de referencia para a análise. Nesta sección propóñense dúas etapas diferenciadas da produción literaria sobre maternidade (1989-2002 e 2005-2022), presentes en anexo. O corpo central distribúese en tres capítulos dedicados ao estudo individual de cada obra: “Unha reflexión en primeira persoa do singular”, centrado en Maternosofía, que examina a decisión das nais de narraren a súa propia experiencia de crianza; “O silencio das nais levado á esfera pública”, sobre Maternidade fóra de catálogo, que analiza o modelo de maternidade dominante e as súas fisuras; e “Entre o visíbel e o oculto, maternidade sen encaixe”, referido a Maternidades virtuosas, que trata a visibilización e a politización da maternidade no espazo público. Finalmente, o capítulo conclusivo recolle os resultados máis relevantes do estudo e salienta o seu contributo á análise crítica dos discursos contemporáneos sobre a maternidade na Galiza.

Description

Editor version

Rights

Os titulares dos dereitos de autor autorizan a visualización do contido desta obra a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da obra como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.