Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/42277 A pretensa nostalxia da autoridade. (Unha interpretación parcelar d'O porco de pé de Vicente Risco)
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Other responsabilities
Journal Title
Bibliographic citation
Martínez Teixeiro, A. (2007). A pretensa nostalxia da autoridade. (Unha interpretación parcelar d'O porco de pé de Vicente Risco). Santiago de Compostela, Centro ‘Ramón Piñeiro’ para a Investigación en Humanidades (Coleção ‘Cadernos Ramón Piñeiro’), 123 pp. ISBN 978-84-453-4350-S
Type of academic work
Academic degree
Abstract
[Resumo] Este ensaio, gañador do ‘IV Premio Centro Ramon Piñeiro de Ensaio Breve ´, aborda a narrativa O porco de pé (1928) do polifacético intelectual Vicente Risco. Esta ficción, a única novela do escritor ourensán, considerada como a porta á modernidade da novelística galega, é analizada a partir dalgunhas das máis definitorias claves da súa cosmovisión. No ensaio deféndese que o nihilismo e a pretensa nostalxia da autoridade presentes no seu discurso ficcional deben ser secundarizados, posto que a novela se constitúe, ao final, tamén nunha enciclopedia e amarga distopía de controversas e diversificadas intencións. Ridendo castigat mores, o decurso da narración consegue encaixar nunha área espazo-temporal moi reducida diversos acontecementos, fundíndoos nun presente perturbador e tirando dese conglomerado un dorido e doloroso saldo ético, travestido de humorismo, parodia, ironía e desatado sarcasmo.
Description
Editor version
Rights
Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0 Internacional






