Desamarrar o mar: poesía visual e poesía xestual na obra de Arnaldo Antunes

Loading...
Thumbnail Image

Identifiers

Publication date

Authors

Caneda Martínez, Estefanía

Other responsabilities

Universidade da Coruña. Facultade de Filoloxía

Journal Title

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumo] Arnaldo Antunes é un artista polifacético en constante investigación na procura de novos moldes que se adapten á súa particular forma de experimentar o mundo. Os canons, as técnicas e as regras preestabelecidas, non só non supoñen un handicap, senón retos, xogos cos que buscar unha fenda para caber (O buraco ensina a caber a semente ensina a não caber em si, tirado da canción O buraco do CD musical de Antunes O silêncio, BMG, 1996). O presente traballo pretende aproximarse á obra deste artista multidisciplinar, concretamente os seus poemas visuais e caligráficos, para achegármonos ao ámbito dos estudos interartísticos e analizarmos a relación que se dá entre literatura e plástica da man deste autor contemporáneo. Tamén, estudaremos uns dos temas recorrentes no seu proxecto artístico: o silencio, a ausencia e os espazos en branco. Por outro lado, pretendemos contribuír á difusión da obra do paulistano, aínda en activo e practicamente desatendido no espazo universitario galego do literario, quen, a pesar de ter traído a súa obra á Fundación Luís Seoane da Coruña en 2006, cunha performance poética formando parte da exposición conxunta Entre a palabra e a imaxe, e de ter soado en todas as radios do país durante todo o verán de 2002, co seu éxito Já sei namorar de Tribalistas, non goza na Galiza do suceso que ten no Brasil, tanto que resulta verdadeiramente complicado achegarse á súa poesía non sendo a través da rede. Consideramos que a obra de Arnaldo Antunes trae para o presente moitos e moi importantes debates sobre literatura e arte e que non merece este silencio nun espazo académico tan próximo ao brasileiro como é o galego.

Description

Editor version

Rights

Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido