Análise da promoción da cultura galega polos Centros de Estudos Galegos da Península Ibérica entre 2015 e 2021
| UDC.coleccion | Traballos académicos | es_ES |
| UDC.tipotrab | TFG | es_ES |
| UDC.titulacion | Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios | es_ES |
| dc.contributor.advisor | Samartim, Roberto | |
| dc.contributor.author | Hermida Silva, Andrea | |
| dc.contributor.other | Universidade da Coruña. Facultade de Filoloxía | es_ES |
| dc.date.accessioned | 2022-02-09T11:05:33Z | |
| dc.date.available | 2022-02-09T11:05:33Z | |
| dc.date.issued | 2021 | |
| dc.description.abstract | [Resumo] Este traballo estuda a promoción da cultura galega no exterior a través da programación de eventos nos Centros de Estudos Galegos (CEG) da Penínsulta Ibérica (PI) entre 2015 e marzo do 2021. Delimitamos este período en función deste ser o lapso temporal recollido no Portal da Lingua Galega (PGL), nosa fonte principal con carácter institucional. O estudo das estratexias de divulgación dos centros faise seguindo unha metodoloxía descritiva, cuantitativa e relacional por medio do aplicativo Refworks; este permite compilar en termos absolutos toda a información necesaria para a realización deste traballo. Para a abordaxe das accións dos CEG e a súa posterior análise conxunta tamén fixemos uso de ferramentas como o Excel, que nos permitiron xerar figuras e traballar con porcentaxes. A aproximación ao obxecto de estudo é estruturada en tres seccións: en primeiro lugar, demos conta dos pasos seguidos para a elaboración do TFG; en segundo lugar, focamos na análise dos CEG segundo os espazos culturais a que estes pertencen, abordando tanto a súa historia como a descrición das súas actividades no período analizado; en terceiro lugar, realizamos unha análise conxunta das accións dos CEG, describindo a súa tipoloxía en profundidade e analizando os trazos que definen cada espazo. Constatamos que un estudo exaustivo dos CEG non fora aínda realizado, polo que a través deste traballo determinamos cuestións tales como o período máis e menos activo para cada territorio vinculado aos CEG, os campos culturais presentes e predominantes en cada un ou o formato das actividades, entre outros aspectos. Entre as conclusións puidemos observar que o evento tipo ten a ver con conferencias, coloquios ou proxeccións que focan na literatura, na música ou no cinema. As ferramentas elixidas cumpren as nosas necesidades e permiten levarmos a cabo análises de tipo cuantitativo, cualitativo e relacional que achegan información ao tempo que describimos as estratexias culturais seguidas polos CEG no período escollido. Finalmente, logo da preparación deste traballo o camiño cara a novas interpretacións deste obxecto de estudo fica aberto. | es_ES |
| dc.description.traballos | Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2020/2021 | |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/2183/29748 | |
| dc.language.iso | glg | es_ES |
| dc.rights | Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido | es_ES |
| dc.rights.accessRights | open access | es_ES |
| dc.subject | Cultura galega no exterior | es_ES |
| dc.subject | Centros de Estudos Galegos | es_ES |
| dc.subject | Literatura galega | es_ES |
| dc.subject | Música galega | es_ES |
| dc.subject | Cinema galego | es_ES |
| dc.title | Análise da promoción da cultura galega polos Centros de Estudos Galegos da Península Ibérica entre 2015 e 2021 | es_ES |
| dc.type | bachelor thesis | |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAdvisorOfPublication | 2d35286f-38e2-405c-9ce5-dd6cbd62746c | |
| relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery | 2d35286f-38e2-405c-9ce5-dd6cbd62746c |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- Hermida_Silva_Andrea_2021_TFG_promocion_cultura_galega.pdf
- Size:
- 518.55 KB
- Format:
- Adobe Portable Document Format
- Description:

