Don Celidonio ou o degradado antiheroe identitario : sobre o "Porco de pé" de Vicente Risco

Bibliographic citation

Martínez Teixeiro, Alva. "Don Celidonio ou o degradado antiheroe identitario : sobre O porco de pé de Vicente Risco", en Maria do Amparo Tavares Maleval (org.): Estudos galegos 5, Rio de Janeiro, Universidade Federal Fluminense, 2007, pp. 137-147

Type of academic work

Academic degree

Abstract

[Resumo] Neste ensaio, preténdese demostrar que, por vía da ironía e da sátira, Vicente Risco concibe O porco de pé (1925) como unha narrativa antiutópica, mais moralizante e só relativamente nihilista. O autor consegue así ampliar a comunidade de lectores que quere achegar aos presupostos ideolóxicos subxacentes ao discurso ficcional e à conseguinte expurgación intelectual que alicerza a narrativa. Con esta breve reflexión, procúrase aprofundar tamén na compoñente identitaria que a ficción presenta: unha identidade castiza, allea ao país e nel imposta, que, sendo denigrada e na súa negación, devén unha imaxe especular invertida da identidade galega que, de maneira implícita, se desexa afirmada. Despois da sátira a este primeiro grupo de personaxes emblemáticas, comandado por Don Celidonio, un outro grupo, o dos ‘filisteos’, é visado pola corrosión aniquiladora do narrador ourensán e, en consecuencia, é aquí obxecto da análise, centrándose, en especial, no que di respecto ás técnicas satíricas con base na distorsión lingüística e aos contidos para-filosóficos que, por medio dela, son parodiados. Finalmente e xa de maneira secundaria, tamén se reflexiona nesta digresión sobre o papel pasivo >(mais entusiasta) da masa fascinada polas doutrinas populistas corporeizadas no protagonista, en tanto en canto que representante da estupidez colectiva e da estulta devoción polo materialismo.

Description

Editor version

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International

Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International