Foco ao coñecemento=Fokus to knowledge

Bibliographic citation

Type of academic work

Abstract

[Resumen] Neste proxecto recollese a transformación do histórico Mosteiro Mekhitarista de Viena nun espazo contemporáneo de coñecemento, cultura e convivencia. Situado no distrito de Neubau, o edificio —construído en 1836 e ampliado en 1874— é un símbolo da cultura armenia en Europa, con funcións relixiosas, produtivas e culturais. A intervención propón rehabilitar a á norte do mosteiro e ampliar o museo existente, integrando unha torre de 46 metros como novo fito urbano. Esta torre, revestida cun tapiz cerámico, conecta a biblioteca e o museo coa nova zona interxeracional, que inclúe salas de lectura, espazos infantís e áreas de traballo comunitario. O deseño busca abrir o mosteiro á cidade, converténdoo nun “claustro completo” con entrada principal desde o parque Weghuberpark. O proxecto cumpre coas normativas urbanísticas e técnicas de Viena e do Código Técnico da Edificación (CTE), abordando aspectos como accesibilidade, eficiencia enerxética, protección contra incendios e sustentabilidade. A estrutura metálica e a cimentación con micropilotes garanten estabilidade e integración co edificio existente. A climatización e ventilación están conectadas á rede urbana de calor e frío, e o edificio obtén unha cualificación enerxética A.

Description

Editor version

Rights

Os titulares dos dereitos de autor autorizan a visualización do contido desta obra a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da obra como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.