Use this link to cite:
http://hdl.handle.net/2183/40967 As antoloxías poéticas contra a violencia de xénero no sistema literario galego do século XXI. Unha análise institucional e repertorial
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Freire Ledo, Laura
Advisors
Other responsabilities
Universidade da Coruña. Facultade de Filoloxía
Journal Title
Bibliographic citation
Type of academic work
Abstract
[Resumo] Neste traballo foi desenvolvida unha análise da poesía galega do século XXI contra a violencia de xénero, concretamente, estudando as condicións institucionais e os repertorios temáticos das antoloxías Polifonías. Voces poéticas contra a violencia de xénero (2006), Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (2007) e Manifesto 25N. Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller (2021). Os obxectivos deste traballo son: 1) Coñecer os posicionamentos colectivos contra a violencia de xénero no campo editorial galego e as condicións institucionais de publicación. 2) Coñecer e avaliar os repertorios temáticos ligados á violencia de xénero no subsistema da poesía galega. 3) Identificar as funcións sociais das antoloxías colectivas contra a violencia de xénero no contexto social do século XXI. Canto ás metodoloxías utilizadas, primeiramente foi levado a cabo un proceso de localización e revisión de bibliografía crítica especializada que nos permitiu reflectir no traballo un marco conceptual a respecto da violencia de xénero e do tratamento deste asunto na literatura galega, máis concretamente, no subsistema poético. A información sobre as condicións institucionais de publicación de cada obra foi tirada dos limiares que abren cada unha delas. Por outra parte, a partir da información obtida da bibliografía específica anteriormente mencionada, estabelecemos unha serie de núcleos temáticos para clasificar os poemas que conforman as tres antoloxías do noso corpus. Empregamos unha táboa en que se reflectiron cales son os repertorios predominantes en cada poema para finalmente comprobar que repertorios aparecen con maior frecuencia en cada unha das escolmas. Unha vez analizados os datos de maneira individual, foi realizada unha análise comparativa entre as tres antoloxías. Puidemos extraer diferentes conclusións desta análise. Por unha parte, observamos diferencias entre os tres posicionamentos colectivos, pois os dous volumes de Polifonías contaron cunha implicación institucional importante mentres que o Manifesto 25N, ademais de ser unha publicación máis recente, non gozou dunha implicación por parte da Xunta de Galicia, senón que naceu como iniciativa dunha asociación cultural co apoio de institucións locais e provinciais. Por outra parte, detectamos que á hora de tratar o asunto da violencia contra as mulleres na poesía galega contemporánea, o repertorio predominante é a “violencia física”, a pesar de poder localizar outros asuntos que tenden a aparecer ligados a este tipo de violencia. Por último, puidemos concluír que, se enfocamos as funcións sociais das antoloxías, os dous volumes de Polifonías funcionaron na época en que foron publicadas como reforzo da política institucional a través das prácticas poéticas, caso distinto ao do Manifesto 25N, cuxa iniciativa xorde exclusivamente do nivel asociativo e despois contou con algún apoio institucional.
Description
Editor version
Rights
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ao resumo do traballo como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado y/o con fines de estudio e investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.





