Francisco Herrera Garrido, narrativa e reflexión sobre a condición feminina

UDC.coleccionTraballos académicos
UDC.tipotrabTFG
UDC.titulacionGrao en Galego e Portugués. Estudos Lingüísticos e Literarios
dc.contributor.advisorFernández Pérez-Sanjulián, Carme
dc.contributor.authorBarreiro García, Antía
dc.date.accessioned2026-11-20T11:43:41Z
dc.date.available2026-11-20T11:43:41Z
dc.date.issued2026
dc.description.abstract[Resumo] Os estudos sobre a escrita feminina, por unha banda, e análise das imaxes de mulleres, por outra, están tomando cada vez máis importancia no noso panorama. Desta maneira, non só é relevante recuperarmos as voces de autoras esquecidas, senón tamén analizar as diferentes representacións de personaxes femininas en obras de todo tipo para podermos alcanzar un coñecemento máis completo dos estereotipos tradicionalmente ligados ás mulleres. Nesta liña, achamos relevante recuperar a figura de Francisca Herrera Garrido (1869-1950), quen adoita ser incluída nas historias da literatura, mais cuxas obras non foron merecedoras de demasiada atención nos estudos críticos. Nese sentido, convén termos presente varios fitos da súa biografía que son especialmente relevantes, pois foi a primeira muller electa como membro numerario da Real Academia Galega e tamén pioneira na publicación dunha novela en lingua galega así como na escrita dun ensaio que versa sobre a condición feminina desde un punto de vista pro-feminino. Á luz do anterior, o presente estudo pretende, por un lado, revisar o lugar que ocupa Herrera no noso canon literario e, por outro, analizar o seu discurso sobre as mulleres tanto a través do seu ensaio «A muller galega» como das representacións concretas, isto é, de personaxes femininas, nomeadamente na súa narrativa. Para logralo, en primeiro lugar, levamos a cabo unha pormenorizada revisión da produción crítica sobre a autora, na que incluímos tanto traballos contemporáneos ao seu período de actividade, como análises e estudos máis actuais. A seguir, realizamos unha relectura da súa obra narrativa en lingua galega, de maneira que puidemos percibir o notorio papel central das personaxes femininas. En consecuencia, consideramos interesante analizarmos estas imaxes porque nelas aparece reflexada a súa ideoloxía. De certo, puidemos estimar que non son representacións fortuítas, pois a autora sempre mostrou unha evidente preocupación pola condición feminina, aínda que a súa ideoloxía, ancorada no tradicionalismo, non nos permite denominala como feminista. En virtude de todo o exposto, a segunda parte deste traballo examina algunhas das personaxes femininas que xulgamos máis relevantes para pór de relevo a ideoloxía da autora das narracións «A neta da naipeira», Néveda e «A y-alma de Mingos» para o que nos apoiamos sempre no seu ensaio. Así, os núcleos temáticos que analizamos, e que se corresponden coa visión do mundo da autora, son: as crenzas e a devoción católica das galegas, as mulleres urbanas e as rurais, quen serán consideradas a «verdadeira muller galega». Mesmo así, o estudo destes tres aspectos ideolóxicos relevantes para Herrera foi acompañado de constantes referencias a outros trazos da personalidade das súas conxéneres que a autora xulga como fundamentais: a maternidade abnegada, a submisión e o sacrificio e a renuncia en prol dos seus achegados masculinos. A conclusión que puidemos tirar desta análise é que a representación das personaxes femininas na narrativa de Francisca Herrera reflexa, así como se explicita máis claramente no seu ensaio, unha ideoloxía tradicionalista que relega as mulleres a unha posición secundaria e aos papeis de nai e esposa abnegada e sacrificada. A pesar disto, consideramos que, tanto a escritora como a súa obra, merecen unha maior atención porque, aínda que non puidemos atopar, do noso ollar actual, unha desexábel perspectiva de xénero, as mulleres sempre reciben unha especial atención pola súa parte.
dc.description.abstract[Abstract] The studies of feminine writing, on the one hand, and the analysis of the images of woman, on the other, are becoming increasingly important in our field. This way, it is not only important to recover the voices of the forgotten female authors, but also to analyse the different representations of feminine characters in all kinds of works to be able to achieve a more complete acknowledgement of the stereotypes traditionally associated with woman. In this regard, we consider relevant highlighting the personality of Francisca Herrera Garrido (1869-1950), who is usually included in the literature histories, but whose works did not receive enough attention in the critic studies. In this vein, it is worth remembering several milestones of her biography that are specially relevant, as she was the first woman to be elected member of the Real Academia Galega and she was also a pioneer in the publication of a romance in Galician and in the writing of an essay about the feminine condition from a pro-feminine point of view. Regarding the above, this study aims to, on the one side, revise the place that Herrera occupies in our literary canon and, on the other, analyse her discourse about women through her essay «A muller galega» and the specific representations, that is, the feminine characters, especially in her narrative. To achieve it, firstly, we carried out a detailed review of the critical production about the author, in which we included contemporary works to her period of activity and more recent analyses and studies. Next, we reread her narrative works in Galician, which lead us to perceive the notably main role of the feminine characters. Consequently, we considered interesting analysing those images because they reflect her ideology. Indeed, we can sustain that they are not random representations, as the author has always shown a noticeable concern about the feminine conditions, even though her ideology, rooted in traditionalism, does not enable us to refer to her as feminist. In the view of the above, the second part of this work examines some of her feminine characters that we judge more relevant to show the author’s ideology of the stories «A neta da naipeira», Néveda e «A y-alma de Mingos» for which we draw on the essay. This way, the thematic áreas that we will analyse, and that correspond to the author`s worldwide are: the beliefs and the Catholic devotion of the Galicians, the urban woman and the rural ones, who are considered the «real Galician woman». Even so, the study of these three relevant ideological aspects for Herrera was followed up by constant references to other feminine personality traits that the author considers fundamental: the abnegated maternity, submission and sacrifice and the selfdenial for the benefit of their male relatives. The conclusion that we were able to gather from this analysis is that the representation of the feminine characters in Francisca Herrera’s narrative reflects, as is more clearly explained on her essay, a traditionalist ideology that relegates women to a secondary position and to the roles of abnegated and sacrificed mother and wife. Despite this, we consider that, both the writer and her work, deserve a greater attention, even though we could not find a, from our current point of view, desirable genre perspective, women always received special attention from her.
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e Portugués. Estudos Lingüisticos e Literarios. Curso 2025/2026
dc.identifier.urihttps://hdl.handle.net/2183/50344
dc.language.isoglg
dc.rightsOs titulares dos dereitos de autor autorizan a visualización do contido desta obra a través de Internet, así como a súa reprodución, gravación en soporte informático ou impresión para uso privado ou con fins de investigación. En ningún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estes dereitos afectan tanto ao resumo da obra como ao seu contido. Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su reproducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido.
dc.rights.accessRightsopen access
dc.subjectFrancisca Herrera Garrido
dc.subjectEscritoras
dc.subjectEscritoras esquecidas
dc.subjectPersonaxes femininos
dc.subjectLiteratura galega
dc.titleFrancisco Herrera Garrido, narrativa e reflexión sobre a condición feminina
dc.typebachelor thesis
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublicationef45f548-1210-4cba-b2ec-8575afad5378
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscoveryef45f548-1210-4cba-b2ec-8575afad5378

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
BarreiroGarcia_Antia_TFG_2026.pdf
Size:
276.82 KB
Format:
Adobe Portable Document Format